Estudio de posibles biomarcadores para la prevalencia e incidencia de la osteoartritis de rodilladinámica del telómero y haplogrupo de ADN mitocondrial
- José Luis Fernández García Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 28 de xuño de 2024
- J. Gosálvez Presidente/a
- Francisco J. Blanco García Secretario
- Diana Valverde Pérez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A artrose (OA), ou enfermidade articular dexenerativa, é común en persoas maiores de 65 anos, sendo unha causa importante de incapacidade laboral. Unha das articulacións máis afectadas é o xeonllo. Este estudo analizou a dinámica de perda das secuencias teloméricas en leucocitos do sangue periférico despois de 6 anos de seguimento e o haplogrupo do ADN mitocondrial (ADNmt), como posibles factores de risco para a condición no momento do recrutamento (prevalencia) e/ou do inicio durante o seguimento (incidencia) da OA de xeonllo, avaliada radiolóxicamente. Os individuos estudados pertencen ao consorcio Osteoartritis Initiative (OAI) dos EEUU. O número de secuencias teloméricas determinouse mediante qPCR específica e o haplogrupo do ADNmt mediante PCR-RFLP co método de extensión dunha única base. A porcentaxe relativa de perda das secuencias teloméricas nos leucocitos demostrou ser un factor de risco independente asociado ao desenvolvemento da OA de xeonllo. Os portadores do clúster de haplogrupo de mtDNA HV mostraron unha maior incidencia que os portadores do clúster JT, así como unha maior perda das secuencias teloméricas. O maior acurtamento dos telómeros nos leucocitos dos individuos incidentes podería ser indicativo dun envellecemento sistémico acelerado que potenciaría a dexeneración da cartilaxe.