Análisis de la identidad profesional en terapia ocupacional

  1. Souto Gómez, Ana Isabel
Dirixida por:
  1. María del Pilar García de la Torre Director
  2. Miguel Ángel Talavera Valverde Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 de xaneiro de 2025

Tribunal:
  1. Pedro Moruno Miralles Presidente/a
  2. Isabel Piñeiro Aguín Secretario/a
  3. María Rodríguez Bailón Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Contexto: a identidade profesional representa un elemento importante en terapia ocupacional porque permite construír as premisas nas que se sustenta desde unha perspectiva epistemolóxica e definir o rol en relación ás demais persoas profesionais. Desenvólvese a través das interaccións, as dinámicas interpersoais e a experiencia profesional, evolucionando de acordo cos valores éticos e os significados atribuídos. Obxectivo: analizar o proceso de configuración da identidade profesional en terapia ocupacional. Metodoloxía: esta tese doutoral confórmase polo compendio de publicacións científicas indexadas con diversas metodoloxías: (a) Scoping Review, (b) Q-Method e (c) Study Protocol. Resultados: estas tres investigacións publicadas en revistas de alto impacto mostran como as prácticas pedagóxicas forxan a identidade profesional e o desenvolvemento da intelixencia profesional. A formación universitaria en si mesma non é suficiente para construír unha comprensión da identidade profesional, senón que precisa do amparo da educación formal, dos valores éticos e do apoio institucional como elementos esenciais. Conclusión: resulta indispensable deseñar programas educativos que teñan en conta unha práctica dependente dun paradigma de ocupación e que empreguen modelos de capacitación práctica para fomentar unha identidade profesional dinámica, integrando coñecementos técnicos e un contexto moral práctico nas persoas terapeutas ocupacionais.