Portal da
Investigación
Este novo Portal da Investigación en Saúde de Galicia constitúese como un espazo de difusión, información e comunicación ao servizo dos profesionais sanitarios e os cidadáns.
A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde de Galicia. Neste senso, a ACIS, en colaboración con Bibliosaúde e o Sistema Informático, acolle o Portal da Investigación en Saúde de Galicia co obxectivo de recompilar e presentar a producción científica e de transferencia do conxunto dos resultados da investigación desenvolvida polo persoal investigador en Saúde de Galicia, agrupados por Institutos de Investigación Sanitaria e Grupos de Investigación.
Este portal permite mostrar de maneira individualizada os indicadores desta produtividade científica e dar difusión aos resultados das actividades científicas, para obter unha imaxe clara do rendemento investigador no ámbito da Saúde en Galicia.
Parabén á @acrujeirasm do @idis_research e Servizo Galego de Saúde, gañadora do #PremiosInvestigaciónJS 2025 na categoría clínica x.com/Fund_Occident/…
04/12/2025➡️ Presenta a túa candidatura aos Premios de investigación en Saúde de Galicia PISGa 2025
03/12/2025➡️ Presenta a túa candidatura aos Premios de investigación en Saúde de Galicia PISGa 2025
03/12/2025🗞️ Galicia investirá máis de 9,3 M€ en saúde dixital. Dende a ACIS contribuimos con proxectos no ámbito da innovación en Intelixencia Artificial como Tartaglia ou recentemente ImageDataSpace elespanol.com/quincemil/vivi…
28/11/2025🔵 I Xornada Científica de Medicina Dixital 📅 12 e 13 decembro 2025 · Pontevedra A medicina dixital avanza. Xornadas de SEMEDI, SOGATEM e SITT que unirán profesionais, persoal investigador e xestores sanitarios. Máis info: fundacionbiomedica.es/event/i-jornad…
27/11/2025🔔 Aberto o prazo os Premios de Investigación en Saúde (PISGa) No marco do Transfiresaúde – Interreg VI-A POCTEP, dúas modalidades: proxectos en atención primaria e traxectorias emerxentes. #InvestigaciónEnSaúde #PremiosPISGa
24/11/2025ACIS, xunto á Subdirección Xeral de Integración Asistencial e Innovación do Sergas e New Medical Economics, organiza a Xornada “Medicina Personalizada e de Precisión” o 10 de decembro ás 10:00 h na Consellería de Sanidade. Prazas dispoñibles: bit.ly/detalle-activi…
20/11/2025📢 Na ACIS abrimos 3 prazas de técnico/a superior en informática para o proxecto europeo ImageDataSpace (IA + imaxe médica) en Santiago. Prazo: 21/11/2025. Convocatoria: acis.sergas.gal/cartafol/Docum… Bases: acis.sergas.gal/cartafol/Docum…
20/11/2025Aberto o prazo para solicitar as Axudas a Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025. Obxectivo: impulsar investigación de calidade e avances clave para afrontar desafíos sociais. 🗓 Prazo: ata o 16/12/2025 🔗 Info: acis.sergas.gal/cartafol/Convo…
20/11/2025Participamos no VII foro iberoamericano de Compra Pública de Innovación en Granada @forocpi con proxectos en marcha referentes no eido da saúde como @precisaude
19/11/2025