Estudio clínico de evolución y pronóstico de la leucoplasia oral y su relación con la expresión de la anhidrasa carbónica IX
- Torres López, Manuel Eusebio
- Mario Pérez-Sayáns Director
- José Manuel Suárez Peñaranda Co-director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 03 May 2018
- Ángel Carracedo Álvarez Chair
- José Manuel Aguirre Urizar Secretary
- Francisco José Gómez García Committee member
Type: Thesis
Abstract
No campo da patoloxía oral existe unha gran variedade de lesións, algunhas das cáles han de merecer maior atención que outras. A leucoplasia ou a eritroplasia son consideradas pola OMS como lesións precancerosas ou potencialmente malignas, xa que teñen unha alta probabilidade de transformación maligna. Os tratamentos estandarizados para estas lesións veñen dende un rigoroso seguimento, ata a súa escisión completa. Aínda non se sabe con certeza que factores son os que inflúen en maior medida na transformación maligna destas lesións. Estes factores son o tipo clínico da lesión, a localización, o grado de displasia epitelial, o tabaco e o alcohol inxerido. A presencia e o grado displasia epitelial é un factor que tense moi en conta no momento de realizarse un tratamento ou noutro. Este factor e moi difícil de avaliar e é moi subxectivo, cunha gran diversidade de opinións entre diferentes observadores. A anhidrasa carbónica IX (AC-IX) é unha proteína que expresase nas células tumorais primarias, polo que considerase un destacada biomarcador de hipoxia nos tumores, con gran valor tanto pronóstico como diagnostico na terapéutica tumoral. O obxectivo deste estudo é relacionar a expresión da AC-IX en lesións precancerosas orais con displasia, cun fin diagnostico e pronóstico na evolución de ditas lesións. Para elo realizarase un análise da expresión da AC-IX en mostras de sangue e de tecido, de pacientes con lesión orais con diferentes grados de displasia. A determinación da AC-IX en mostras de tecidos realizarase mediante o estudo inmunohistoquímico e mediante PCR realizarase a determinación en mostras sanguíneas e tamen tecidos.