Os centros para persoas con discapacidade en Galicia
- Millán-Calenti, José Carlos
- López Rey, María José
ISSN: 1695-6427
Year of publication: 2004
Issue: 3
Pages: 57-74
Type: Article
More publications in: Revista galega de ciencias sociais
Abstract
O Grupo de investigación en xerontoloxía e discapacidae (GIG) do departamento de medicina da universidade da Coruña, a instancias da Consellería de Asuntos Socias da Xunta de Galicia, levou a cabo unha avaliación da calidade nos centros que na comunidade prestan os seus servicios a persoas con discapacidade psíquica. O equipo visitou tódolos centros galegos coa fin de recoller información sobre as instalacións, os equipamentos ou as condicións de accesibilidade, ademais de entrevistar ós directores e profesionais sobre a metodoloxía de traballo ou a dotación en recursos humanos. Paralelamente levouse a cabo unha enquisa telefónica a un número significativo de familiares de usuarios para coñece-la calidade percibida por eles, e recolle-las súas demandas específicas. Finalmente realizouse unha análise estatística (clusters) que agrupou os centros en tres niveis de calidade segundo as variables observadas. Do traballo conclúese a necesidade da posta en marcha dun Plan de Acción que procure ós centros asesoramento en materia de metodoloxía de traballo, así como a supresión das barreiras aínda existentes ou a mellora da dotación material e de persoal, en tanto se puido constatar que a calidade na meirande parte dos casos non é a desexable para este tipo de centros.