Programa galego para a optimización da terapia nutricional especializada no paciente crítico. Desnutrición Zero
- Alvarado da Torre, Sonia
- Bon Bon, Alicia
- Cordero Lorenzana, Mº Lourdes
- Costas Iriarte, Miriam
- Inaraja Bobo, Maria Teresa
- Martín Rodríguez, María Dolores
- Martínez Olmos, Miguel Ángel
- Menor Fernández, Eva María
- Otero Barrós, Mª Teresa
- Rodríguez Penín, Isaura
- Vila Fernández, Dolores
Editorial: Conselleria de Sanidade ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia
Ano de publicación: 2019
Tipo: Libro
Resumo
A desnutrición é un problema coñecido nos pacientes hospitalizados, especialmente nos pacientes críticos. A prevalencia no paciente hospitalizado oscila entre un 30 e un 60% e é máis elevada no paciente grave debido á alteración no metabolismo dos diferentes substratos e ao déficit de nutrintes. Obxectivo: diminuír a variabilidade na valoración do risco de malnutrición e optimizar a terapia nutricional especializada (TNE) nos pacientes críticos hospitalizados no Servizo Galego de Saúde, realizando unha valoración do risco de malnutrición e un tratamento homoxéneo dos pacientes críticos con risco en todos os hospitais do Sistema Sanitario Público de Saúde de Galicia.