Impacto del virus de la Hepatitis C en la evolución de las comorbilidades en pacientes infectados por el VIH (1993-2014)

  1. Meijide-Míguez, Hector
Dirixida por:
  1. Ángeles Castro Iglesias Director
  2. Eva Poveda López Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. Juan Antonio Pineda Vergara Presidente/a
  2. Javier de Toro Santos Secretario
  3. Inmaculada Jarrín Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 518753 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A introducción do tratamiento antirretroviral (TAR) de alta eficacia disminui de maneira significativa a morbimortalidade dos doentes con infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) convertindo a infección por VIH nunha patoloxía crónica e ó doente nun doente cada vez máis maior, non exento de outras comorbilidades médicas ou eventos non SIDA. Neste novo escenario, faise indispensable mellorar o coñecemento acerca das diferentes comorbilidades e os factores de risco que as condicionan co propósito de establecer estratexias no ámbito da prevención, do diagnóstico e do tratamento específicas para a poboación con infección por VIH. Unha das principais comorbilidades nas persoas infectadas é a coinfección polo virus da hepatite C (VHC), que condiciona en gran medida o desenvolvemento de enfermidade hepática e tamén extrahepática. En base ó anteriormente exposto, é importante coñecer as características epidemiolóxicas e clínicas dos doentes VIH+ da nosa área sanitaria, as súas comorbilidades e os eventos que condicionan a súa vida, como as hospitalizacións e a mortalidade. Ademáis, e pertinente analizar o impacto que supón a coinfección en termos de morbimortalidade de causa hepática e extrahepática. Na presente tese desenvolvéronse tres estudos: ‐ ESTUDO 1. Analizou todas as hospitalizacións does doentes VIH no CHUAC no periodo 1993‐2013. Incluíronse 6917 hospitalizacións que corresponderon a 1937 doentes (37% coinfectados VIH/VHC). A tasa de hospitalización mostrou unha reducción progresiva dende 30,7/100 doentes (IC 95%:27,7‐33,8) en 1993 a 19,9/100 doentes (IC 95%:17,7‐22,2) en 2013, sendo esta reducción máis significativa despóis de 1996 (4,9% anual), pero este descenso foi máis acusadonos doentes coinfectados VIH/VHC. As hospitalizacións motivadas por enfermidades infecciosas e trastornos psiquiátricos disminuíron significativamente no segundo periodo do estudo (2003‐2013), mentras que aumentaron aquelas relacionadas con neoplasias, enfermidades cardiovasculares, gastrointestinales e enfermidades respiratorias crónicas. Nos doentes coinfectados VIH/VHC, boa parte das hospitalizacións e das mortes foron motivadas por enfermidade hepática. ‐ ESTUDO 2. Comparou a mortalidade relacionada con enfermidade hepática e as hospitalizacións motivadas por causa hepática nos doentes con infección por VIH que foron expostos ou non ó VHC. Incluíronse resultados de 2379 doentes VIH (1390 VIH monoinfectados, 146 aclaradores espontáneos do VHC e 843 con coinfección crónica por VHC) no periodo 1993‐2014. A tasa de mortalidade relacionada con enfermidade hepática nos doentes coinfectados VIH/VHC foi de 10,01 por 1000 doentes‐anos fronte ó 3,84 por 1000 doentes‐anos propio dos VIH monoinfectados (p<0,001). A fracción de mortalidade e hospitalización atribuíble á infección crónica por VHC foi 0.61 e 0.74, respectivamente. Non se atoparon diferencias nos eventos relacionados con enfermidade hepática entre doentes VIH monoinfectados fronte ós que aclararon espontáneamente o VHC. ‐ ESTUDO 3. Evaluou a incidencia de cáncer en doentes con infección por VIH na área sanitaria de A Coruña no periodo 1993‐2014 e permitiu a súa comparativa coa poboación coinfectada VIH/VHC e coa observada na 8 poboación xeral (utilizando a ferramenta GLOBOCAN 2012), calculando a razón de incidencia estandarizada (RIE). 185 doentes (117 VIH monoinfectados e 68 coinfectados VIH/VHC) desenvolveron cáncer nunha cohorte de 26580 doentes‐anos, cunha tasa de incidencia cruda de 696 neoplasias por 100000 persoa‐anos, maior que na poboación xeral (RIE=3,8). A tasa de incidencia cruda de neoplasia non definitoria de SIDA (NNDS) nos pacientes coinfectados VIH/VHC foi 415.0 (RIE=3,4), significativamente maior que en VIH monoinfectados (377,3;RIE=1,8). Tras ser axustado, os doentes coinfectados VIH/VHC tiñan unha maior incidencia acumulada de NNDS que os doentes monoinfectados (HR=1,80), incluso despóis de excluír do análise o hepatocarcinoma (HR=1,26).