Interactome of Ixr1, HMGB1 and HMGB2 proteins in relation to their cellular functions

  1. Barreiro Alonso, Aída
Dirixida por:
  1. María Esperanza Cerdán Co-director
  2. Mónica Lamas Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de febreiro de 2018

Tribunal:
  1. Angélica Figueroa Conde-Valvís Presidenta
  2. Inmaculada Vaca Cerezo Secretario/a
  3. Manuel Fuentes García Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 535541 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A proteína de Saccharomyces cerevisiae Ixr1, e as proteínas humanas HMGB1 e HMGB2 englóbanse dentro da familia de proteínas HMGB. O principal obxectivo deste traballo foi a identificación de proteínas non previamente descritas que se unen a Ixr1, HMGB1 e HMGB2, para así poder ampliar o coñecemento sobre as funcións celulares das proteínas HMGB. En lévedos, Ixr1 ten un papel activador ou represor da transcrición sobre distintos promotores e controla a resposta a hipoxia. O dominio de activación transcripcional de Ixr1 foi localizado no seu extremo amino neste estudo. Ixr1 únese con Ssn8 e esta interacción pode mediar o seu papel represor sobre os promotores dalgúns xenes. Ixr1 ademais, interacciona con proteínas relacionadas co metabolismo de glicosa, stress e ribosomais entre outras. Detectouse que Ixr1 presenta unha fosforilación diferencial en función da dispoñibilidade de osíxeno. Levouse a cabo un estudo do interactoma de HMGB1 e HMGB2 mediante técnicas como o sistema de dobre híbrido ou purificacións e espectrometría de masas en células epiteliais de ovario e próstata tumorais e non tumorais. Os resultados obtidos poñen de manifesto a ampla variedade de funcións asociadas ás proteínas que interactúan con HMGB1 ou HMGB2. Hase validado a interacción de HMGB1 con KRT7 e RBBP7 mediante outras técnicas complementarias. Así como tamén se identificaron interaccións específicas de HMGB1 en células tratadas con cisplatino