Papel de Hakai durante la progresión tumoralimplicaciones sobre la plasticidad epitelial

  1. Carballo Castosa, Raquel
Dirixida por:
  1. Angélica Figueroa Conde-Valvís Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de febreiro de 2018

Tribunal:
  1. Manuel Valladares Ayerbes Presidente
  2. María Esperanza Cerdán Secretaria
  3. Álvaro Cortés Cabrera Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 535195 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O cancro é unha enfermidade que presenta unha elevada tasa de mortalidade a nivel mundial, e a súa incidencia estase incrementando ano tras ano. O carcinoma, o máis común de todos os cancros, é o resultado dunha serie de transformacións en células epiteliais. Durante esta transformación, as células alteran varias características fenotípicas incluindo un incremento da proliferación, e unha diminución das unións célula-célula e célula-substrato adquirindo capacidade motil e invasiva. A E-cadherina é o membro prototipo mellor caracterizado das unións adherentes e con maior expresión en células epiteliais. A perda de función ou expresión de E-cadherina é un marcador dun proceso denominado transición epitelio-mesénquima, o que favorece a motilidade e a capacidade invasiva, e é indicador de pronóstico malo. En 2002, identificouse a proteína Hakai como unha E3 ubiquitina-ligasa, cuxo substrato específico é E-cadherina, e actúa mediando a súa ubiquitinización e posterior degradación, debilitando así as unións célula-célula e favorecendo a motilidade celular. Neste contexto, por un lado, estudouse o efecto dun alcaloide da vinca, a vinflunina, fármaco comúnmente utilizado en pacientes que padecen un carcinoma de vexiga metastásico en estadío avanzado, e que non responden ao tratamento con cisplatino. A vinflunina actúa inhibindo a dinámica de microtúbulos, e dado que recentes publicacións poñen de manifesto a relación entre a dinámica de microtúbulos e as unións adherentes, analizouse mediante experimentos in vitro o seu efecto sobre as unións adherentes dependentes de Ecadherina e sobre Hakai. Observouse que a vinflunina é capaz de inducir diferenciación epitelial, e fortalecer as unións célula-célula mediadas por Ecadherina, regulando á súa vez a expresión de Hakai. Por outro lado, analizouse o papel da proteína Hakai in vitro e in vivo. Para elo, empregouse unha línea celular epitelial non transformada (MDCK) á que se lle sobreexpresou de forma estable a proteína Hakai (Hakai-MDCK), e corroborouse que Hakai induce a transición epiteliomesénquima, incrementa a proliferación e a invasividade celular, o que se acompaña dunha diminución dos sustratos específicos de dita proteína, E-cadherina e Cortactina. Para o estudo in vivo utilizáronse ratóns atímicos desnudos aos que se lles inxectaron ditas células, MDCK e Hakai-MDCK, e confirmouse que Hakai induce a formación de tumores, incrementa a súa tasa de proliferación, e regula os marcadores de transición epitelio-mesénquima in vivo, observándose tumores moi desdiferenciados, altamente agresivos, e micrometástases en pulmón.