Adaptación cultural, validación y valores de referencia del "Adolescent/Adult Sensory Profile" en España

  1. Gándara Gafo, Berta
Dirixida por:
  1. Javier Muñiz Director
  2. Sergio Santos-del-Riego Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de xuño de 2016

Tribunal:
  1. Marta Pérez de Heredia Torres Presidente/a
  2. Adriana Ávila Álvarez Secretario/a
  3. Rafael Gabriel Sánchez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 421593 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos: Adaptar culturalmente, validar e obter os valores de referencia do Adolescent/Adult Sensory Profile en España. Metodoloxía: A adaptación cultural ten constado dun proceso de tradución directa e inversa, entrevista de comprensibilidade, revisión de experto lingüista e análise de repetibilidade en mostra monolingüe e bilingüe. A fiabilidade realizouse mediante unha análise de consistencia interna e de correlación Pearson. A validez discriminante elaborouse entre persoas con trastorno de esquizofrenia e con desenvolvemento típico. Os valores de referencia obtivéronse con 787 persoas. Resultados: A adaptación cultural precisou dalgúns axustes culturais e lingüísticos. A entrevista cognitiva non revelou dificultades severas de comprensión, únicamente 8 ítems necesitaron ser revisados. A análise de repetibilidade arroxou valores superiores a 0,9 por cuadrantes. As puntuacións de consistencia interna oscilaron entre 0,69 e 0,73 por cuadrantes. A correlación Pearson detectou a relación máis forte entre oa cuadrantes sensibilidade sensorial e evitación de estímulo sensorial. A validez discriminante revelou diferenzas entre grupos nos cuadrantes baixo rexistro, sensibilidade sensorial e evitación de estímulo sensorial. Preséntanse valores de referencia por cuadrantes sensorial e específicos por grupo de idade. As puntuacións medias teñen un rango entre 29,26 e 49,14. Conclusión: A adaptación cultural ten logrado a imprescindible equivalencia conceptual e semántica coa versión orixinal e adecuados datos métricos. Os valores de referencia a nivel nacional obtidos neste estudo son de uso recomendado para a poboación española adolescente e adulta.