Enfermedad coronaria en el trasplante renalincidencia, tipología, factores de riesgo y pronóstico

  1. Fernández Rivera, Constantino
Dirixida por:
  1. Francisco Valdés Cañedo Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 de xullo de 2019

Tribunal:
  1. Domingo Hernández Marrero Presidente/a
  2. Sonia Pértega Díaz Secretaria
  3. Alfonso Otero González Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 597923 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

INTRODUCCION: A causa maiís importante de morte en doentes trasplantados de ril é a mortalidade cardiovascular. A enfermidade coronaria constitúe a maior causa de patoloxía cardíaca no post‐trasplante, sendo a responsable de anxina, infarto, insuficiencia cardíaca ou arritmias. OBXETIVO: O obxetivo desta Tese e coñecer a incidencia da enfermidade coronaria, os factores de risco, a tipoloxía da afectación coronaria, a súa relación con parámetros clínicos, o tratamento administrado e o pronóstico tanto da supervevencia do doente como a do inxerto. MATERIAL E METODOS: Estúdanse os doentes trasplantados de ril no Hospital Universitario A Coruña dende 1981 ata 2016. Defínese evento coronario como aquel episodio de anxina ou infarto segundo as características clínicas e datos complementarios. Variables analizadas: incidencia de eventos coronarios e a súa relación co período de tempo da observación, idade do donante e receptor, xénero, enfermidade de base, tipo de trasplante, trasplante combinado, antecedentes de enfermidade cardiovascular previa, HTA, xeito de fumar, diabetes pre e posttrasplante, hipertrofia ventricular esquerda, colesterol, triglicéridos, glucemia, hemoglobina, función retrasada do inxerto e duración, creatinina, proteinuria, nº coronarias afectadas, enfermidade multivaso, tipo de coronaria afectada, porcentaxe de estenosis coronaria, fracción de eyección segundo coronarias afectadas, calcificación valvular, tratamento realizado: Médico, IPC, cirurxía by‐pass. Pronóstico segundo evento coronario e tratamento efectuado RESULTADOS: Estudáronse 2889 doentes trasplantados de ril no Hospital Universitario de A Coruña dende 1981 ata 2016.Rexistráronse 245 eventos coronarios en 35 anos, 1,23/100 doentes ano. A incidencia acumulada foi 3,4% aos 3 meses do trasplante, 4,1% ao ano, 5,3% ao tercer ano, 6,6% ao 5º ano, 10,5% ao 10º año e 14,5% ao 15ª ano, segundo KM y RC. Cando comparamos os dous períodos de tempo (1981‐2001 e 2002‐2016), a incidencia acumulada é menor no segundo período, 6,8 vs 12,1% no 10 ano; p=0,002.A incidencia de eventos é maior no primeiro trimestre 37,9% e esta frecuencia aumentou respecto ao número total de eventos durante o segundo período un 21,8%. Os factores de risco no análise de Cox foron: idade, tempo en lista de trasplante, ECV previa, diabetes post‐trasplante, o fumar, colesterol, creatinina e tensión arterial sistólica. Os factores de risco para o primeiro trimestre son a idade, a ECV previa e a presencia de FRI.O cambio evolutivo nos factores de risco fai que cambien tamén os modelos de regresión en relación co período de tempo estudado. A coronaria mais afectada é a arteria descendente anterior. Non encontramos enfermidade oclusiva no 24,2% e existe enfermidade coronaria de 3 vasos en 27,5%.A fracción de eyección relaciónase negativamente co nº de vasos afectados e a severidade da estenosis. Nas curvas ROC unha fracción de eyección inferior ao 57% relaciónase coa enfermidade de 3 vasos cunha sensibilidade do 81% e unha especificidade do 53,2%. O tratamento da enfermidade coronaria foi: só tratamento médico en 56,5%, cirurxía en 19,5% e IPC no 31%. O tratamento mediante cirurxía foi indicado en doentes máis xóvenes e con enfermidade de tres vasos. A supervivencia do doente despois de presentar un evento coronario é de 67,2% ao 5º ano. A supervivencia do inxerto tras presentar un evento coronario é 78,1% no 5º ano. No modelo de regresión de Cox, o uso da cirurxía asociouse a menor mortalidade, ainda que esta diferenza non foi significativa cando empregamos o modelo de riscos competitivos. A incidencia acumulada de mortalidade coronaria empregando MRC no primeiro período é de 2,25% ao 6º ano. No segundo período é de 0,84% ao 6º ano. A causa da morte dos doentes despois dun evento coronaro é cardíaca no 47,3%. CONCLUSIONS: A incidencia de eventos coronarios disminuíu nos últimos 15 anos así como a mortalidade cardíaca en relación co control dos factores de risco. A frecuencia de eventos coronarios no primeiro trimestre aumentóu porcentualmente nos últimos anos. A enfermidade enfermidade coronaria de 3 vasos ocorre no 27,5%. Existe unha relación negativa da fracción de eyección coa severidade da enfermidade coronaria, sendo ista maior nos doentes con infarto. A cirurxía é o tratamemnto mais indicado a doentes xóvenes e enfermidade coronaria de tres vasos e asociouse a unha menor mortalidade. A supervivencia do doente despois de presentar un evento coronario é 85,2% no 1º ano e 67,2% no 5º ano.