Terapia sistémica primaria en cáncer de mama HER2 positivofactores pronósticos y predictores de respuesta, datos de eficacia, cardiotoxicidad y seguimiento a largo plazo

  1. Antolín, Silvia
Dirixida por:
  1. Lourdes Calvo Martínez Co-director
  2. Luis Antón Aparicio Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. Manuel Valladares Ayerbes Presidente
  2. Ángeles Castro Iglesias Secretaria
  3. Marta Santisteban Eslava Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 602837 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos Avaliar a eficacia, cardiotoxicidade e beneficio a longo prazo do tratamento neoadxuvante nas pacientes con cancro de mama HER2 positivo en estadio precoz. Métodos Incluíronse 142 pacientes diagnosticadas entre os anos 2005-2016. O tratamento consistiu nunha secuencia de taxanos e antraciclinas con trastuzumab. Avaliouse a resposta clínica e patolóxica e correlacionouse con factores clínicos e biolóxicos. Analizouse a cardiotoxicidade e o seu beneficio na supervivencia. Resultados A mediana de idade foi 49 anos. O 6%, 68% e 28% das pacientes tiñan un estadio I, II e III respectivamente, mentres que o 10% presentaban un cancro inflamatorio ó diagnóstico. O receptor hormonal (RH) foi negativo no 43% e 62% dos tumores eran grao III. A taxa de resposta completa clínica medida por ecografía e resonancia foi do 49% e do 63% respectivamente e isto permitiu unha elevada taxa de cirurxía conservadora (66%). A taxa de resposta completa patolóxica (pCR) foi do 51% e esta resultou maior en pacientes con RH negativo (64%) que en RH positivo (41%). Elevados niveis do cociente HER2/CEN ou do número de copias do xene HER2 correlacionáronse cunha maior taxa de RCp. As pacientes que alcanzaron RCp tiveron unha mellor supervivencia libre de enfermidade e unha tendencia para mellorar a supervivencia global. O 2% das pacientes sufriu un descenso da fracción de exección do ventrículo esquerdo por baixo do 50% durante o tratamento. Todas as pacientes agás unha recuperaron a mesma tras suspender o trastuzumab. Conclusións A administración secuencial de taxanos e antraciclinas con trastuzumab foi efectiva, cunha elevada taxa de RCp, beneficio a longo prazo e un bo perfil de cardiotoxicidade