Avances en la regulación de la obesidadmicroARNs, genes y proteínas

  1. Varela Rodríguez, Barbara María
Dirigida por:
  1. Susana Sangiao Alvarellos Codirectora
  2. Fernando Cordido Carballido Codirector

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de marzo de 2019

Tribunal:
  1. María Jesús Vázquez Villar Presidenta
  2. Elena Outeiriño Blanco Secretaria
  3. María Manfredi Lozano Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 584636 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

A obesidade e o sobrepeso están definidos pola Organización Mundial da Saúde como unha acumulación anormal ou excesiva de graxa corporal. Dende os anos 80 a prevaleza da obesidade duplicouse e case triplicouse en máis de 70 países, principalmente en países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento, e continúa medrando ano tras ano. As comorbilidades asociadas a esta patoloxía fan que sexa un risco importante para a saúde aumentando a taxa de mortalidade das persoas que a padecen. Dada a natureza etioxénica desta enfermidade, nesta tese de doutoramento decidimos investigar sobre as bases moleculares desta doenza dende varias aproximacións: 1.- Estudamos diversos mecanismos epixenéticos, concretamente diversos microARNs que puidesen estar implicados na diferenciación dos adipocitos e na regulación da obesidade. Para iso empregamos un modelo in vitro (a liña celular de preadipocitos 3T3-L1) co fin de determinar o papel das familias MIR-19 e MIR-200 na adipoxénese, usamos modelos animais (ratas tratadas con distintas dietas) e por último usamos mostras de tecido adiposo subcutáneo humano de voluntarios con IMC normal e con obesidade. 2.- Estudo do perfil proteómico do tecido adiposo subcutáneo de doentes obesos e os mesmos candidatos tras a perda de peso inducida pola cirurxía bariátrica empregando espectrometría de masas e confirmación de varios dos resultados obtidos mediante Western blot e reacción en cadea da polimerasa en tempo real. 3.- E estudo dos niveis circulantes de irisina (hormona relacionada recentemente co exercicio e o browning) e os niveis de expresión xénica do seu precursor, FNDC5, baixo diferentes estadios de estrés metabólico. Con estes estudos, fomos capaces de demostrar: - A implicación de miR-19a, miR-19b e miR-200c no proceso da adipoxénese, así como a desregulación de miR-19b e miR-200c durante a obesidade mórbida en humanos, mentres que en modelos animais observamos un maior efecto da dieta na alteración da expresión dos microARNs do tecido adiposo visceral fronte ó resto de tecidos estudados. - A existencia de diferenzas no perfil proteómico do tecido adiposo subcutáneo de doentes obesos mórbidos e os mesmos tras a perda de peso observándose melloría tras a perda de peso en procesos metabólicos, inflamatorios, etc. - Diferenzas no control central e periférico da expresión xénica de FNDC5 e irisina circulante baixo distintos estadios metabólicos.