Influence of magnetic fields and their characteristics on cortical excitabilitystudy on healthy adults and pathological aging

  1. Davila-Pérez, Paula
Dirixida por:
  1. Francisco Javier Cudeiro Mazaira Co-director
  2. Álvaro Pascual Leone Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 02 de abril de 2019

Tribunal:
  1. Simone Rossi Presidente/a
  2. Pablo Arias Rodríguez Secretario
  3. Antonio Oliviero Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 587077 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese de doutoramento pretende responder dúas cuestións relacionadas coa interacción dos campos magnéticos dinámicos e estáticos co córtex motor. Nos dous primeiros experimentos estudáronse factores que inflúen na reproducibilidade da estimulación magnética transcraneal (TMS). Estas investigacións demostraron que tanto os efectos como a reproducibilidade da TMS vense afectados por dous tipos de factores relevantes: (1) factores técnicos ou modificables, en particular a forma de onda e a dirección da corrente dos pulsos da TMS; e (2) factores fisiolóxicos, en concreto a influencia do envellecemento fisiolóxico e as enfermidades relacionadas co envellecemento, coma a demencia por enfermidade de Alzheimer e a Diabetes Mellitus tipo 2. Nun segundo tipo de estudo observouse que a estimulación magnética estática transcraneal (tSMS) produce unha redución da excitabilidade e reactividade do sistema motor. Porén, esta redución só puido ser capturada por un tipo específico de forma de onda de TMS, o que indica que a acción da tSMS céntrase en redes interneurais específicas. Nos rexistros electroencefalográficos cuantificouse un aumento das frecuencias do rango beta nas rexións fronto-centrais, que está inversamente correlacionado coa diminución da excitabilidade.