Inhibidores de la integrasaeficacia y seguridad en el tratamiento de pacientes con infección por VIH

  1. Cid Silva, Purificación
Dirixida por:
  1. Eva Poveda López Director
  2. Ángeles Castro Iglesias Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de xuño de 2019

Tribunal:
  1. Olatz Ibarra Barrueta Presidente/a
  2. Javier de Toro Santos Secretario
  3. Antonio Ocampo Hermida Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 594015 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) utiliza diferentes tipos de células como branco de infección sendo os linfocitos T CD4+ a súa principal diana. A infección por VIH é capaz de producir un deterioro progresivo do sistema inmunolóxico que conduce á aparición de enfermidades definitorias do síndrome de inmunodeficiencia humana adquirida (SIDA). A introdución da terapia antirretroviral (TAR) de alta eficacia cambiou drasticamente o prognóstico da infección por VIH, con unha diminución significativa da morbilidade e a mortalidade relacionada co SIDA e converténdoa nunha patoloxía crónica. A evolución da infección polo VIH en países con acceso ó tratamento está condicionada por diferentes factores: relacionados co paciente (exemplos son factores epidemiolóxicos, situación inmunolóxica, adherencia ó tratamento), co virus (exemplos son a carga viral plasmática, presenza de mutacións de resistencia) ou cos fármacos antirretrovirales (exemplo son a eficacia, tolerabilidade, resistencias, interaccións). Na actualidade as guías clínicas nacionais e internacionais recomendan tratar a todos os pacientes infectados polo VIH independentemente de seu estado inmunolóxico. As pautas recomendadas no momento actual para o tratamento de inicio na infección polo VIH consisten na combinación de tres fármacos que inclúen dous inhibidores da transcriptasa inversa análogos de nucleósidos ou nucleótidos (ITIAN) asociados a un inhibidor da integrasa (INI) ou un inhibidor da transcriptasa inversa non análogo de nucleósido (ITINN) ou un inhibidor da proteasa potenciado (IP). Baseándose no bo perfil de eficacia y seguridade demostrado nos ensaios clínicos, os INI (raltegravir, elvitegravir, dolutegravir e bictegravir) posicionáronse como opcións preferentes fronte ó resto de familias, adquirindo gran relevancia o seu uso na práctica clínica. Resumen 12 Polo tanto, é importante coñecer as características epidemiolóxicas, clínicas e virolóxicas, así como o perfil de eficacia e tolerabilidade da terapia antirretroviral baseada en INI na nosa área sanitaria para establecer e optimizar as estratexias de manexo clínico dos pacientes con infección por VIH. Na presente tese desenrólanse tres estudos: - Estudo 1. Analizáronse as características epidemiolóxicas, clínicas e inmunovirolóxicas e a eficacia e tolerabilidade do tratamento antirretroviral nos pacientes con infección por VIH nos que foron prescritos os INI Dolutegravir e Elvitegravir/cobicistat na área sanitaria da Coruña durante o período xaneiro 2015 a xaneiro 2017. Mais do 90% dos pacientes naïve e pretratados tiveron supresión virolóxica ás 48 semanas de iniciar o tratamento. Durante o seguimento, observouse un alto porcentaxe de abandonos por efectos adversos non descritos previamente nos ensaios clínicos, especialmente con DTG (10.2%). Concretamente, o sexo feminino e o tratamento con DTG se identificaron como factores de risco para a interrupción por efectos adversos. No caso de DTG, as interrupcións de tratamento se relacionaron principalmente con alteracións neuropsiquiátricas (70.4%) e EVG/c con molestias gastrointestinais (50.0%). Identificáronse como factores de risco de suspensión do tratamento debido a efectos adversos neuropsiquiátricos as terapias baseadas en DTG, especialmente en combinación cos ITIAN abacavir/lamivudina. - Estudo 2. Avaliouse a resposta virolóxica en pacientes VIH naïve que iniciaron tratamento antirretroviral baseado en INI desde xaneiro de 2015 hasta febreiro de 2017 e que estaban infectados cos dous subtipos xenéticos mais frecuentes na nosa poboación, o subtipo B (54.4%) e o subtipo F (27.2%). A taxa de supresión virolóxica foi significativamente menor nos pacientes infectados polo subtipo F do VIH en comparación cos pacientes infectados polo subtipo B na semana 12 (25.0% vs. 75.0%) e 24 (59.1% vs. 95.0%) do tratamento. A infección polo subtipo F foi o único factor predictor independente de unha peor resposta ó tratamento con INI na semana 24. - Estudo 3. Avaliaronse as modificacións no perfil lipídico dos pacientes VIH naïve e pretratados que iniciaron tratamento con EVG/c/FTC/TAF e EVG/c/FTC/TDF dende xaneiro 2015 ata xaneiro 2018. Os pacientes que iniciaron tratamento con EVG/c/FTC/TAF tiveron un empeoramento dos valores de colesterol total, LDL-C e triglicéridos tras 48 semanas de tratamento; non houbo cambios significativos nestes parámetros no grupo a tratamento con EVG/c/FTC/TDF. No seguimento dos pacientes do grupo con EVG/c/FTC/TAF comprobouse que un alto porcentaxe tivo niveles de lípidos por encima do rango normal ás 48 semanas (63.1% niveis por encima do rango normal de colesterol total e 56.2% de LDL-C) e un 11.9% dos pacientes neste grupo tiveron que recibir fármacos hipolipemiantes. No análise multivariante realizado neste grupo, o cociente colesterol total/HDL-C durante as primeiras 48 semanas de tratamento asociouse con una maior probabilidade de prescrición de hipolipemiantes [OR 1.6 (95% CI 1.12–2.52); p=0.011]. En resumo, os resultados obtidos durante o desenrolo desta tese permitiron un coñecemento detallado da eficacia e seguridade dos tratamentos antirretrovirais baseados en INI nos pacientes tratados de nosa área sanitaria. Entre os principais achados hai que destacar o alto porcentaxe de abandonos por efectos adversos non descritos previamente en ensaios clínicos, especialmente con DTG (10.2%), a peor resposta virolóxica dos pacientes infectados polo subtipo F do VIH ós inhibidores da integrasa en comparación co subtipo B e o empeoramento do perfil lipídico cando os pacientes reciben EVG/c/FTC/TAF.