Fibrilación auricular en pacientes hospitalizados en servicios médicosaracterísticas clínicas, clústeres de multimorbilidad y factores pronósticos
- Emilio Casariego Vales Co-director
- Salvador Pita Fernández Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 06 de xullo de 2018
- Francisco Javier Laso Guzmán Presidente/a
- Teresa Seoane Pillado Secretaria
- Javier García Alegría Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Obxectivo: coñecer as características dos pacientes con FA hospitalizados. Método: estudo de cohortes na área médica hospitalaria de Lugo (anos 2000-2015). Resultados: rexistráronse 170.978 ingresos hospitalarios correspondentes a 74.220 pacientes (30.633 -17,9%- con FA) correspondentes a 74.220 pacientes (14.538 -19,6%- con FA). O 97,5% dos pacientes con FA hospitalizados presentaban multimorbilidade así como maior idade (78,4 ± 10,4 vs. 67,2 ± 18,0), patoloxías crónicas (3,2 ± 1,6 vs. 1,9 ± 1,5), estancia hospitalaria (12,1 ± 12,1 vs. 10,4 ± 19,3) e taxa de reingresos (3,1 ± 2,9 vs. 2,2 ± 2,4). A idade avanzada e o sexo feminino, aínda que non a FA por sí mesma, foron os factores de risco asociados a maior mortalidade. Definiuse un clúster de enfermidades que inclúe a FA, ICC, ERC e valvulopatía. Con respecto ós non incluídos no mesmo, os pacientes incluídos mostran: maior idade (77,6 ± 11,2 vs. 70,3 ± 14,5), taxa de reingresos (3,1 ± 2,9 vs. 2,2 ± 2,1), estancia media (34,2 ± 37,0 vs. 22,2 ± 31,2) e mortalidade (56,2% vs. 43,8%). Conclusións: os pacientes con FA hospitalizados presentan multimorbilidade e características diferenciadas. Describimos un clúster de enfermidades que inclúe a FA, cuxos pacientes presentan un comportamento clínico diferenciado. Isto mostra unha visión máis veraz da realidade clínica desta enfermidade e, en consecuencia, mellora o seu manexo.