Estudio de nuevas dianas terapéuticas frente a "Acinetobacter baumannii" mediante análisis transcriptómico "in vivo" y evaluación de nuevas estrategias antimicrobianas
- Alejandro Beceiro Casas Director
- Germán Bou Arévalo Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 05 de marzo de 2020
- Luis Martínez Martínez Presidente/a
- Carlos Juan Nicolau Secretario/a
- María Eugenia Pachón Ibáñez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Acinetobacter baumannii é un patóxeno nosocomial que presenta unha gran plasticidade xenética e resistencia antimicrobiana frecuentemente implicado en brotes hospitalarios difíciles de controlar. O estudo do xenoma deste patóxeno permítenos seleccionar aqueles xenes máis interesantes como posibles dianas terapéuticas. Nesta Tese preséntase unha análise transcriptómica global do ARN bacteriano illado directamente dos pulmóns de ratos infectados con A. baumannii, coa finalidade de identifica-los xenes implicados no desenvolvemento da infección. Os xenes hisF e lpxB atopáronse sobreexpresados durante a infección. HisF atópase implicado na persistencia en pulmón pola inhibición do reclutamento de macrófagos e da producción de IL-6 por parte do hospedador. A traducción de LpxB, proteína esencial implicada na síntese de LPS, foi inhibida empregando tecnoloxía antisentido A colistina, antibiótico cunha elevada toxicidade, emprégase principalmente no tratamento de cepas multirresistentes e é considerado de última opción terapéutica. O MD3 é un inhibidor de SPasas que presenta sinerxia coa colistina, sendo así un candidato prometedor no tratamento de infeccións causadas por A. baumannii, incluindo cepas resistentes a colistina. A análise transcriptómica in vivo permitiunos identificar unha serie de xenes como dianas terapéuticas potenciais e avaliáronse novas estratexias e compostos antimicrobianos para o tratamento de A. baumannii.