Desigualdades en saúde no estudantado de Ensino Secundario Obrigatorio dunha poboación multicultural (Burela, Lugo)
- Díaz Geada, Ainara
- Francisco Caamaño Isorna Director
- Lucía Moure Rodríguez Directora
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 17 de julio de 2020
- Agustín Montes Martínez Presidente
- Patricia Gómez Salgado Secretaria
- Albert Espelt Hernández Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Esta pescuda prentende avaliar as desigualdades sociais en saúde do estudantado de secundaria de Burela (Lugo) e as súas consecuencias nos comportamentos en saúde desta poboación. A diversidade poboacional de Burela, enmarcada no contexto galego actual, conforma unha realidade paradigmática que nos fai cuestionar metodoloxías e nos sumerxe en novos horizontes. Propuxémonos avaliar o efecto do xénero, a procedencia e as desigualdades en saúde sobre o consumo de alcol, tabaco e cannabis nesta poboación; coñecer a relación entre o consumo destas substancias psicoactivas e o bullying co estado de ánimo negativo e afondar nas influencias contextuais nestas conductas, en poboacións con características socioeconómicas e número de habitantes similar, mediante a comparación destas asociacións en adolescentes de Burela fronte aos da Catalunya Central. Este traballo supón a primeira achega desde a epidemioloxía á influencia das desigualdades en saúde durante a adolescencia na poboación galega.