Evolución y modelo pronóstico de los pacientes con el diagnóstico de hemorragia subaracnoidea espontánea que ingresan en la unidad de cuidados intensivos

  1. Mourelo Fariña, Mónica
Dirixida por:
  1. Rita Galeiras Vázquez Co-director
  2. Sonia Pértega Díaz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 de novembro de 2020

Tribunal:
  1. Rosa María Martínez Rolán Presidenta
  2. Teresa Seoane Pillado Secretaria
  3. Paula Fernández Ugidos Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 642201 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos • Determinar o prognóstico de doentes ingresados por unha hemorraxia subaracnoidea espontánea (HSA) e factores asociados. • Desenrolar modelos preditivos ao ingreso de mortalidade intrahospitalaria e supervivencia a longo prazo nestes doentes. Material e métodos: Estudo de seguimento retrospectivo dos doentes ingresados en 2003-2013 na Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con HSA. Analizáronse características demográficas, comorbilidade, clínica de debut, escalas pronósticas ao ingreso, manexo diagnósticoterapéutico, complicacións, mortalidade intrahospitalaria e supervivencia aos 10 anos tras o diagnóstico. Resultados: Incluíronse 536 doentes (Idade: 56,9±14,1 anos, 59,3% mulleres, índice de Charlson 0,7±1,1), senda as manifestacións máis frecuentes cefalea (76,5%), mareo (54,1%) e coma (34,0%). No 78,1% de casos constatouse presenza de aneurisma (HSA-A), nun 17,9% non se atopou causa (HSA-I), o 3,2% presentou sangrado perimesencefálico (HSA-PM). Un 53,7% presentaron complicacións neurolóxicas durante o seu ingreso e un 48,9% algunha complicación sistémica, máis frecuentes na HSA-A. A mortalidade intrahospitalaria foi do 27,8%, e a probabilidade global de supervivencia desde o ingreso foi do 62,8% aos 5 anos o do 59, 1 % aos 10 anos. As variables predictoras de mortalidade intrahospitalaria foron o coma de debut (OR=l,87), unha puntuación 3-4 na escala de Fisher (OR=2,26), a escala APACHE II nas primeiras 24 horas (OR=l,05) e o SOFA total día O (OR=l,19), asociándose as mesmas variables, xunto coa idade, á supervivencia a longo prazo. Construíronse dous modelos predictivos de mortalidade intrahospitalaria e supervivencia, con axeitada calibración e capacidade discriminativa. Conclusións: Os doentes con HSA son novas, con escasa comorbilidade e importante impacto pronóstico dependente da clínica de debut, gravidade ao ingreso e complicaciones durante a estancia. En función do subtipo os doentes presentan características e prognóstico diferenciado. Os modelos predictivos propostos mellaran a capacidade pronóstica doutras escalas publicadas.