Generation and Characterization of Mesenchymal Cell Lines for Osteorchondral Regeneration Researc

  1. Piñeiro-Ramil, María
Dirixida por:
  1. Silvia Díaz Prado Co-director
  2. Clara Sanjurjo Rodríguez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de febreiro de 2021

Tribunal:
  1. María Julia Araceli Buján Varela Presidente/a
  2. Isaac Manuel Fuentes Boquete Secretario
  3. Juan Gallo Páramo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 649054 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A rexeneración do óso e da cartilaxe tras sufrir un traumatismo ou unha enfermidade dexenerativa segue sendo un gran desafío clínico. Debido á súa capacidade de auto-renovación e multi-diferenciación, as células mesenquimais estromais (MSC) son unha fonte celular moi prometedora para a rexeneración destes tecidos, pero a investigación neste campo está limitada pola tendencia das MSC á senescencia ao seren expandidas en cultivo. A inmortalización das MSC permítelles superar a senescencia, o que supón un impulso para os avances na investigación. Neste estudo desenvolveuse un método para inmortalizar MSC derivadas de doantes de idade avanzada mediante inoculación centrífuga de dous xenes de inmortalización: o antíxeno T grande do virus de simio 40 (SV40LT) e a transcriptase reversa da telomerase humana (hTERT). As MSC inmortalizadas son fenotipicamente similares ás MSC primarias e son capaces de diferenciarse cara ás tres liñaxes esqueléticas, aínda que se inclinan cara á ruta de diferenciación osteoxénica. Os condrocitos articulares e os sinoviocitos pódense inmortalizar empregando o mesmo método, pero os condrocitos inmortalizados son metabolicamente diferentes dos condrocitos articulares primarios. Estas células poden ser útiles como parte de modelos in vitro de rexeneración dos tecidos articulares ou de enfermidade osteocondral.