Desarrollo de un protocolo de realidad virtual con el objetivo de la reeducación funcional del movimiento de alcance en pacientes con Parkinson

  1. Corral Bergantiños, Yoanna
Dirixida por:
  1. Casto Rivadulla Co-director
  2. Pablo Arias Rodríguez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de setembro de 2020

Tribunal:
  1. Juan Reyes Aguilar Lepe Presidente/a
  2. Carmen de Labra Pinedo Secretaria
  3. Michele Dileone Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 634515 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os estudos e terapias baseadas na creación dun ambiente de realidade virtual son cada vez de uso máis frecuente en varias áreas de neuro-rehabilitación, isto débese a que a realidade virtual permite o deseño de actividades específicas e movementos funcionais específicos para o seu adestramento. Neste traballo deseñouse un sistema de avaliación e adestramento do movemento de alcance nun entorno de realidade virtual de baixo custe para a intervención en diferentes pobacións. Como estudo central da tese, avaliouse a súa utilidade no adestramento desta actividade funcional en enfermos de Parkinson. Desenrolouse un estudo piloto considerando a hipótese de que a observación dunha acción podería inducir melloras na execución da mesma acción por parte dos pacientes, e así poder plantearse como unha potencial estratexia terapéutica para facilitar a re-aprendizaxe motora, mellorando a función motora da enfermidade. Para acadar estes obxectivos realizáronse unha serie de estudos nos que se avaliaban variables cinemáticas e neurofisiolóxicas, mediante o emprego da acelerometría, eletromiografía e estimulación magnética transcraniana. Os resultados da terapia baseada na observación durante a execución en realidade virtual mostraron cambios modestos na execución motora dos pacientes. Estes resultados indican que o uso de realidade virtual combinado coa observación dun movemento durante a súa execución pode mellorar o movemento de alcance na enfermidade de Parkinson, pero sería necesaria a realización de máis estudos nos que se optimice o protocolo de adestramento.