Searching for Novel Thermostable β-galactosidases

  1. Castro de Antonio, María Eugenia de
Dirixida por:
  1. María-Isabel González-Siso Co-director
  2. Esther Rodríguez-Belmonte Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 10 de marzo de 2021

Tribunal:
  1. María Esperanza Cerdán Presidenta
  2. José Berenguer Carlos Secretario/a
  3. Jenny Blamey Alegría Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 652313 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As β-galactosidasas son encimas biotecnolóxicamente interesantes para a hidrólise da lactosa e a síntese de GOS. O principal obxectivo deste traballo foi analizar a estrutura da comunidade microbiana e o potencial funcional das augas termais das Burgas, centrándose no descubrimento de novas β-galactosidasas termoestables neste ecosistema termal. Mediante o cribado funcional dunha metaxenoteca de auga de As Burgas descubriuse unha nova β-galactosidasa termoestable, chamada BWbg1. A alta estabilidade térmica mostrada polo encima, cunha temperatura óptima de 80 °C e un pH óptimo próximo ao pH do leite, xunto co seu alto rendemento na produción de GOS, fan do BWbg1 un catalizador moi axeitado para a industria láctea. As proteobacterias son os principais habitantes das augas termais das Burgas. O analise funcional revela a importancia e correlación entre os ciclos de carbono, nitróxeno, xofre e hidróxeno nas Burgas. Das dúas β-galactosidasas detectadas por anotación de secuencia de contigs, só pTsbg mostrou actividade hidrolítica contra ONPG, pero non foi capaz de hidrolizar a lactosa. As diferenzas significativas entre a poboación das Burgas e a fonte termal próxima de Muíño da Veiga están asociadas principalmente á súa variabilidade na composición xeoquímica da auga. A temperatura e o pH son dous factores importantes que configuran a comunidade microbiana das augas termais, como se determinou mediante análise comparativa con outras augas termais.