Afrontamento da perda dun embarazo ou bebé dende unha perspectiva de xénero
- Sara Fernández Basanta
- Carmen Coronado Carvajal 1
- María Jesús Movilla Fernández 1
-
1
Universidade da Coruña
info
- López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
- Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
- Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)
Publisher: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-9749-758-9
Year of publication: 2019
Pages: 41-48
Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
O loito perinatal é a experiencia dos pais, que comeza inmediatamente despois da p e r d a dun fillo, por aborto espontáneo, morte fetal, perda neonatal ou a interrupción voluntaria por anomalías fetais. É importante que o s profesionais d a saúde coñezan e teñan e n conta a s diferenzas de xénero na construción das perdas dun embarazo ou dun bebé. Esta meta-etnografía t e n como obxectivo sintetizar o corpo de traballo cualitativo dispoñible sobre como as mulleres e o s homes afrontan á perda dun embarazo ou dun bebé, dende unha perspectiva de xénero. Os resultados cualitativos extraídos de catorce estudos incluídos analizáronse empregando un enfoque metaetnográfico. Os resultados mostran que as expectativas sociais sobre mulleres e homes condicionan o emprego d e estratexias diferenciadas d e afrontamento trala perda dun embarazo ou bebé. Estas diferenzas intensifícanse en contextos culturais nos que estas perdas relaciónanse cun fracaso da feminidade. Isto implica que as mulleres experimenten illamento social e escaso soporte sanitario e sociofamiliar. O contexto sociocultural que rodea a mulleres e homes nestas perdas inflúe nas experiencias de afrontamento, polo que debe ser tido en conta no manexo e coidado destas situacións polos profesionais da saúde.