Promoción da actividade reflexiva na aula mediante proxectos de investigación grupal
- Rosa María Fernández García 1
- Blanca Laffon 1
- Eduardo Pásaro 1
- Juan Ramón Lamas González 1
- Vanessa Valdiglesias 1
- Joselyn Cortés Cortés 1
- Natalia Fernández Bertólez
- 1 Grupo de Innovación Docente InEPsic, Departamento de Psicoloxía, Facultade Ciencias da Educación Universidade da Coruña
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-775-6
Ano de publicación: 2020
Páxinas: 485-488
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Contextualización: A investigación pode considerarse unha valiosa ferramenta dentro da aula (Perrenoud, 2004) que permite xerar coñecementos e formar individuos reflexivos (Morán Oviedo, 2004), capaces non só de integrarse na sociedade, senón de transformar positivamente a contorna (Fernández Pérez, 1995; Margalef García, 2005). Este proxecto intentou favorecer a cultura científica, motivar ao discente a observar, formular preguntas, discutir, razoar, demostrar e analizar os resultados obtidos e, ao mesmo tempo descubrir a riqueza do traballo en colaboración, aprendendo a crear, e formar parte de verdadeiros equipos de investigación onde o individuo e a súa diversidade, sexan respectados. Actividades: Estableceuse co grupo un diálogo previo, aberto e flexible sobre os diferentes intereses do mesmo. Contemplouse a posibilidade de utilizar simultaneamente distintas técnicas de procura bibliográfica. Favoreceuse o traballo en grupo. Promoveuse a lectura e o uso de revistas e outro tipo de publicacións internacionais especializadas. Estimulouse a participación en foros e webs científicas internacionais sobre temas concretos de estudo. Incentivouse o uso de bibliografía científica internacional de calidade. Resultados: A incorporación do traballo de investigación na aula facilitou a comunicación entre os alumnos e cos alumnos, permitindo unha toma de contacto coa realidade do grupo. Os discentes percibiron a investigación grupal como un proceso de profundización na realidade, mellorando de forma progresiva e continua a reflexión e a comunicación entre todo o equipo. Púidose constatar que o traballo de investigación en grupo resultou, en xeral, unha actividade positiva para os discentes, axudándolles a reflexionar sobre a realidade.