Proxecto ApS de Fisioterapia con cans para a reeducación sensoriomotora e marcha funcional en nenos/as dun colexio de educación especial“MOVE-CAN”
- Verónica Robles-García 1
- Alicia Martínez-Rodríguez 1
- J. Pérez Nieto 2
- Lucía Lombardía Cortiñas 3
- Adrián Paredes Vázquez 4
- 1 Universidade da Coruña, Departamento de Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas
-
2
Universidade da Coruña
info
- 3 OT, empresa Candamin
- 4 Empresa Candamin
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-775-6
Ano de publicación: 2020
Páxinas: 549-552
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Os/as nenos/as con diversidade funcional precisan de fisioterapia para mellorar as extratexias de mobilidade e autonomía. Ademáis, a intervención ten que ser motivadora. Estableceuse un equipo interdisciplinar de dúas profesoras da Facultade de Fisioterapia, un estudante de 4º curso, e unha terapeuta ocupacional e un adestrador canino, da empresa CANDAMIN. Este proxecto piloto de fisioterapia nun grupo de adolescentes con diversidade funcional dun colexio de educación especial, emprega unha ferramenta motivadora (os cans) que exerce de axente físico para facilitar o movemento normalizado. Ao mesmo tempo, o alumnado do Grao de Fisioterapia coñece o entorno profesional e aprende as estratexias para levar a cabo un traballo eficaz, empregando unha ferramenta novedosa no eido da fisioterapia. Os obxectivos específicos foron incrementar as capacidades de equilibrio e marcha a fin de conseguir unha maior independencia e aumentar a participación na comunidade, nun entorno motivador que permita soportar as ansiedades e temores dos adolescentes. A forza exercida pola correa do can na súa transmisión á man dos rapaces permite, iniciar ou retomar a marcha cando se atopan inseguros, axudar na superación de obstáculos e marcarlles o ritmo ou velocidade do paso e tempo de apoio, así como contribuír ao cambio de dirección e á disociación de cinturas durante a marcha. O proxecto permitiu ao alumno acadar as competencias traballadas e, por outra banda, obtivéronse resultados satisfactorios en dous dos tres participantes, a nivel da velocidade da marcha e do equilibrio. O proxecto require unha proxección futura con máis participantes e nº de sesións.