Screening afectivo-condutual de persoas maiores de 60 anos da cidade de A Coruña
- Pilar Suárez López
- María Helena Agrafojo Nieto
- José Carlos Millán-Calentí
ISSN: 1889-1187
Ano de publicación: 2009
Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro
Número: 3
Páxinas: 360-368
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario
Resumo
O avellentamento poboacional é unha realidade en Galicia. A ansiedade e a depresión son patoloxías afectivas moi comúns dentro deste grupo poboacional que mingúan a percepción subxectiva da calidade de vida, polo tanto, son factores a ter en conta á hora de realizar intervencións psicoterapéuticas. O obxectivo deste estudo é realizar un screening afectivo-condutual de persoas maiores de 60 anos de A Coruña e relacionar o estado de deterioro global co grao de ansiedade e depresión e os posíbeis transtornos de conduta. Nos resultados encontramos unha clara relación entre as puntuacións do NPI e o GDS e entre a subescala de ansiedade e depresión de Goldberg e o deterioro global. Esta relación linear non a podemos observar entre a subescala de depresión de Goldberg e o deterioro global. O deterioro global está moi relacionado coa ansiedade e os transtornos de conduta dos nosos maiores, mais debemos realizar máis investigacións para poder entender por que canto maior deterioro global, menor sintomatoloxía depresiva.