Nuevos inhibidores de β-lactamasas frente a patógenos gram negativos multirresistentes
- Alejandro Beceiro Casas Co-director
- Germán Bou Arévalo Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 15 de febreiro de 2022
- Álvaro Pascual Presidente/a
- Fátima Galán Sánchez Secretario/a
- Rafael Cantón Moreno Vogal
Tipo: Tese
Resumo
As especies Acinetobacter baumannii, Pseudomonas aeruginosa e a orde Enterobacterales son categorizados como patóxenos de prioridade crítica para o desenvolvemento de novos antimicrobianos. O grupo de antibióticos máis utilizado é o dos antibióticos β-lactámicos. Sendo as cefalosporinas e os carbapenems os de maior espectro de actividade. O uso destes antibióticos vese comprometido pola aparición e diseminación de β-lactamasas de espectro ampliado (BLEAs) e carbapenemasas. Unha opción para manter a actividade destes β-lactámicos é a utilización de inhibidores de β-lactamasas. Nesta Tese Doutoral determinouse a boa actividade do LN-1-255, unha penicilín sulfona en fase preclínica, fronte ás carbapenemasas OXA-48 de Enterobacterales e as principais β-lactamasas de clase D que hidrolizan carbapenems (CHDLs) de A. baumannii. Isto último tamén se demostrou en ensaios in vivo, onde a combinación de imipenem e LN-1- 255 diminuíu considerablemente a carga bacteriana. Por outra banda, tanto o LN-1-255 como dous derivados do mesmo demostraron ser capaces de inhibir a PDC-1 de P. aeruginosa, permitindo recuperar a actividade da ceftazidima. Finalmente demostrouse a eficacia das combinacións imipenem/relebactam, recentemente aprobada, cefepima/zidebactam e cefepima/taniborbactam, en fase clínica III, fronte a un estudo multicéntrico nacional de Enterobacterales produtores de carbapenemasas.