Análisis de la microbiota periodontopatógena en el síndrome de Down
- Nóvoa Garrido, Lourdes
- Pedro Diz Dios Director
- Juan Blanco Carrión Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 06 de mayo de 2022
- Javier Fernández Feijoo Presidente
- Cintia Micaela Chamorro Petronacci Secretaria
- José Nart Molina Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A síndrome de Down (SD) é unha afección xenética que afecta ó cromosoma 21 e que presenta un fenotipo patognomónico, múltiples alteracións sistémicas e manifestacións orais características, entre elas a periodontite. O obxectivo desta tese foi determinar mediante secuenciación masiva (NGS) o microbioma oral das persoas con SD, comparando os achados cos obtidos mediante técnicas microbiolóxicas convencionais como o cultivo e a reacción en cadea da polimerase cuantitativa (qPCR). A análise microbiolóxica mediante secuenciación masiva permítenos afirmar que o microbioma subxingival das persoas con SD con periodontite é máis complexo e difire substancialmente dos SD periodontalmente sans, resultados que tamén se confirman na análise coas técnicas microbiolóxicas convencionais e valoradas.