Instrumentos para a avaliación dos programas incluidos na carteira de servizos en materia de prevención das drogodependencias

  1. Sánchez Pardo, Lorenzo
  2. Seoane Díaz, Bernardo coord.
  3. Cid González, María Aurora coord.

Editorial: Conselleria de Sanidade ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia

Ano de publicación: 2011

Tipo: Libro

Resumo

A avaliación constitúe unha ferramenta esencial para a promoción de intervencións preventivas baseadas en evidencias. No ámbito da prevención, a avaliación permite comprobar a efectividade dos programas nos grupos destinatarios e o grao de cumprimento dos obxectivos propostos. En suma, a avaliación permite coñecer os resultados obtidos coa aplicación dos programas para melloralos, ou cesar a súa aplicación. Por iso, o obxectivo básico do presente documento non é outro que o de facilitar ao máximo a avaliación do conxunto de programas. Por iso, seleccionáronse neste manual, unha serie de instrumentos de referencia cos cales cubrirase o proceso de recollida da información necesaria para completar a avaliación do proceso e os resultados, adaptados á metodoloxía, obxectivos e contidos de cada programa. A selección dos instrumentos de avaliación que se incorporan a cada un dos programas preventivos estivo determinada por dous criterios: a sinxeleza e validez dos instrumentos, procurando o uso de ferramentas estandarizadas, e a súa completitude dos ámbitos de análise. Existen dispoñibles instrumentos de avaliación (escalas, cuestionarios, etc.) cos que están xa familiarizados os técnicos de prevención, ou que son de uso xeral entre os profesionais do sector, polo que optouse pola súa inclusión neste manual, declinando o uso de instrumentos máis complexos, específicos ou con maior potencia descritiva.