Plan de acción para la prevención del sobrepeso y la obesidad en Galicia desde una perspectiva de salud pública 2022-2030

  1. • Durán Parrondo, Carmen coord.
  2. Suárez Luque, Silvia coord.
  3. Bermejo Díaz de Rábago, María Asunción
  4. Orlando Blanco Iglesias
  5. Ana Belén Cruces Maneiro
  6. Paula García Tenorio
  7. Jesús Liñares Mallón
  8. Ana María Martínez Lorente

Editorial: Conselleria de Sanidade ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia

Ano de publicación: 2022

Tipo: Libro

Resumo

Na última década, a obesidade xurdiu como un problema emerxente na nosa poboación e supón un desafío para a súa abordaxe desde unha perspectiva de saúde pública que, contemplada como un acto colectivo, debe asegurar un óptimo estado de saúde para a súa poboación de referencia, produto á súa vez de diferentes niveis de influencia. A través deste plan, a Dirección Xeral de Saúde Pública pretende mellorar o acceso ao coñecemento sobre hábitos de vida saudables, a contornas seguras e propicias e a unha oferta alcanzable e de calidade de produtos saudables, como un remedio que permita reducir o sobrepeso e a obesidade e mellorar a saúde da nosa poboación.