As urxencias en atención primariaRealidade actual e proposta para o futuro
- Veras Castro, Ramón
- Vázquez Vizoso, Francisco Luis
- Castañal Canto, Xulio
- García Mata, A.
- Alvarez Prieto, L.
ISSN: 1134-3583
Ano de publicación: 1998
Volume: 5
Número: 2
Páxinas: 55-69
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de atención primaria
Resumo
Os Servicios Especiais ou Normais de Urgencias (SNU/SEU) son os dispositivos de urxencia extrahospitalaria que atenden ao 53% da poboación galega; en xeral, canto maior é a densidade de poboación, maior é a proporción da poboación cuberta por estes servicios, que contan co persoal adicado especificamente á atención urxente. Os Puntos de Atención Continuada (PAC), creados ao abeiro do Decreto 172/1995, cubren ao 21% da poboación, e outro 20% está aínda cuberto polo sistema de gardas localizadas, sen presencia física. Na provincia de Ourense os PAC abranguen ao 46% da poboación, mentres que na de Lugo só ao 6%. Considérase que a mellora da accesibilidade para os usuarios esixe que a atención urxente en AP seexa de presencia física. Por elo, os PA supoñen unha mellora evidente respecto ao sistema de gardas localizadas. Sen embargo, nos concellos nos que existen SNU/SEU, a creación dos PAC previstos no D. 172/95, supón que os profesionais que fan o traballo ordinario de AP pasen a facer tamén a atención urxente ten efectos negativos sobre a calidade da actividade asistencial ordinaria en AP, a continuidade da asistencia, e as condicións de traballo dos profesionais, en boa medida en relación coas libranzas. Preséntase unha proposta de organización de atención urxente en AP que ten como elementos centrais os seguintes: 1) PAC que sexas facilmente accesibeis aos cidadáns, con gardas de presencia física, 2) PAC con elevada capacidade resolutiva, real e percibida, para o que deberán incorporar novos recursos tecnolóxicos como radioloxía e analítica básica, 3) PAC con persoal específico para a atención urxente fora do horario de traballo ordinario que, onde estes existan, incorporarán ao personal dos SNU/SEU, 4) PAC ben coordinados co resto dos dispositivos implicados na atención sanitaria urxente (061, servicios hospitalarios, ...).