Intoxicación etílica aguda

  1. Bugarín González, Rosendo
  2. Martínez Rodríguez, B.
  3. Galego Feal, Pablo
Revista:
Cadernos de atención primaria

ISSN: 1134-3583

Ano de publicación: 1999

Volume: 6

Número: 1

Páxinas: 23-27

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cadernos de atención primaria

Resumo

A intoxicación etílica aguda é un cadro clínico que atendemos moi a miúdo os médicos que facemos gardas de urxencias tanto no ámbito de atención primaria como no hospital. As "movidas" dos adolescentes que se puxeron de moda nas últimas décadas trouxeron consigo que, sobre todo polas noites das fins de semana, teñamos que atender un número importante destes casos. Tampouco hai que esquecerse que unha porcentaxe importante dos accidentes de tráfico e doutros tipos de traumatismos como as caídas, accidentes laborais, agresións, afogamentos, etc. se acompañan de inxestas significativas de alcohol etílico. A asociación de intoxicación etílica e traumatismo cráneo-encefálico constitúe un auténtico "quebracabezas" para todo médico que atenda urxencias. A intoxicación etílica que se presenta sen outro cadro clínico asociado, ten habitualmente unha boa evolución, pero cómpre non minusvalorala xa que, aínda que de forma rara, tamén é causa de mortalidade. Non imos negar que este tipo de pacientes ó viren desinhibidos, axitados ou mesmo agresivos "non agradan" ó profesional sanitario polo que moitas veces establécese con eles unha mala relación. Ter en conta que este feito pode condicionar unha avaliación e atención inadecuadas. Neste artigo expóñense unha serie de recomendacións para a valoración e o tratamento dos casos de abuso agudo do alcohol e recóllense, ademais, unhas consideracións acerca dos problemas médico-legais que se nos presentan con máis frecuencia.