O doente con osixenoterapia no seu domicilio
- Bugarín González, Rosendo
- García Quintáns, A.
- Gil Calvo, G.
- Galego Feal, Pablo
ISSN: 1134-3583
Ano de publicación: 1998
Volume: 5
Número: 1
Páxinas: 12-15
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de atención primaria
Resumo
A administración de osíxeno domiciliario é unha medida terapeútica que demostrou un aumento da supervivencia e unha mellora na calidade de vida nos enfermos con limitación crónica ó fluxo aéreo. Dado que é unha medida economicamente custosa, e múltiples estudios demostran que nunha porcentaxe importante destes usuarios non está ben prescrita e, ademais, outros tantos non a utilizan adecuadamente, cómpre que o médico de familia teña un coñecemento preciso das súas indicacións, así como do bo control, seguimento e educación sanitaria dos doentes que están sometidos a este tratamento.