Dispositivo intrauterino (DIU) en atención primariaCaracterísticas das usuarias e complicacións
- Diz Fernández, F.
- Bañuelos Echarri, M.
- Núñez Losada, C.
- López Álvarez, X. L.
- Menéndez Villalva, Carlos
- Fernández Domínguez, Maria José
ISSN: 1134-3583
Year of publication: 1995
Volume: 2
Issue: 4
Pages: 168-170
Type: Article
More publications in: Cadernos de atención primaria
Abstract
FUNDAMENTO. Importancia da anticoncepción na atención primaria. O obxectivo do traballo é describir as características das usuarias do dispositivo intrauterino (DIU) no noso centro de saúde e cuantificar as complicacións que motivaron a súa extracción. MÉTODO. Evaluáronse 52 mulleres ás que se lles insertou o DIU no centro. As variables estudiadas foron: idade, paridade, estado civil, nivel cultural, método anticonceptivo previo, modelo de DIU e complicacións que motivaron a súa extracción. RESULTADOS. A idade media foi de 33,7 anos cunha desviación estándard(s) de 19,7. Do total de DIUS, o 73% (n=38) foi o modelo áncora, e o 27% (n=14) o modelo "T". As complicacións que motivaron a súa extracción representan o 15,4% (n=8). 51 delas (98%) estaban casadas e o 100% presentaban xestacións previas. O método anticonceptivo empregado con anterioridade foi na maioría hormonal (32,7%), seguido do DIU (23%), barreira (21,1%), coitus interruptus (1,9%), e non utilizaban método algún o 13,4%. O 63,4% tiñan estudios primarios, 17,3% secundarios, 17,3% superiores e non tiñan estudios o 1,9%. CONCLUSIÓNS. 1. O perfil da usuaria do noso centro de saúde é unha muller de 33 anos, casada, con estudios primarios, paridade previa e que viña empregando anticoncepción hormonal. Obtemos un 15% de complicacións que requiren a extracción do DIU, sendo a causa no 75% dos casos, seu descenso.