Descrición da interconsulta con reumatoloxía. Diferenzas observadas segundo o modo de derivación.
- Veras Castro, Ramón
- Núñez Vázquez, Ángel
- García Jares, Olalla
- Reboiras Baliña, J. Ramón
- Herrero de Padura, Ignacio
- Rodríguez Álvarez, Rosa
ISSN: 1134-3583
Ano de publicación: 2007
Volume: 14
Número: 2
Páxinas: 94-98
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de atención primaria
Resumo
Obxectivo: Observar se existen diferenzas entre o proceso de derivación clásico ao servizo de Reumatoloxía (mediante folla de interconsulta) e a derivación a un consultor hospitalario (reumatólogo) que acode ao centro de saúde. Deseño: Observacional transversal. Participantes: Os pacientes dos CS de Adormideras e San Xosé de A Coruña atendidos no 2006 en reumatoloxía (113 e 201 respectivamente). Desta poboación foron seleccionados 75 casos de cada grupo. Resultados: A mediana de tempo de espera é significativamente superior (p<0,0001) coa derivación clásica, 68 días, frente aos 7 días de espera do centro que recibe ao reumatólogo consultor. O motivo de consulta máis frecuente foi a petición de densitometría (44,4%). O 39,70% das interconsultas realizadas ao reumatólogo consultor foron resoltas no mesmo día, no centro, sen necesidade de que se desprazase o paciente ao centro de especialidades. Se o médico de familia tivese acceso á petición de densitometría e electromiografía evitaríanse como mínimo un 39,5% das primeiras consultas de reumatoloxía destes centros. Conclusións: O motivo de consulta máis frecuente foi a petición de densitometría. O tempo de espera con este sistema de consultoría redúcese moito. Simplifícase moito a citación xa que se evita a diferenciación entre ordinaria e preferente. Con acceso a probas como densitometría ou electromiografía se evitarían moitas primeiras consultas de reumatoloxía.