Análise co cumplimento do consello antitabaco nun centro de saúde
- Fernández Camiñas, José Antonio
- Gallego Valdeiglesia, Andrea
- Machín Fernández, A. J.
ISSN: 1134-3583
Ano de publicación: 2008
Volume: 15
Número: 1
Páxinas: 18-22
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de atención primaria
Resumo
O tabaquismo é unha enfermidade aditiva crónica englobada no grupo das adiccións (DSM.-IV ou CIE -10)1 cunha elevada prevalencia e unha incidencia no noso país dun 31%. Presenta unha elevada morbi-mortalidade para a poboación. Pona de manifesto a cifra de 4,9 millóns de persoas, segundo estimación da OMS. Polas características da Atención Primaria da Saúde (accesibilidade e lonxitudinalidade), é este un ámbito axeitado para o diagnóstico e tratamento do paciente fumador, así como para a prevención, sendo diversas as intervencións posíbeis desde estas consultas, entre a que destaca o Consello Sanitario, como primeiro paso da intervención por parte dos profesionais de APS nesta patoloxía. Obxectivos: Determinar o grao e actualización do rexistro de tabaquismo en canto a diagnóstico, consello e seguimento dos fumadores nun centro de saúde. Deseño: Estudo transversal. Participantes: Analizáronse 438 historias seleccionadas por mostraxe sistemática do total de historias clínicas do centro (5698). Medicións principais: Presenza de hábito tabáquico, de aplicación do consello antitabáquico así como a súa actualización, resultados da implementación do consello e problemas de saúde asociados ao tabaquismo. Resultados: Do 28,99% (n=127) das historias estudadas, observouse que o 71,7% (n=91) corresponden a fumadores e o 28,3% (n=36) a ex-fumadores. O 17,58% (n=77) non presenta rexistro do consumo de tabaco.