Epidemioloxía da infección polo VIH en Galicia no século XXI: un novo xeito de seguimento

  1. Cereijo Fernández, Javier
  2. Márquez Riveras, Cristina
  3. Lema Mougán, Rogelio
  4. Taboada Rodríguez, Xosé Antonio
Revista:
Galicia Clínica

ISSN: 0304-4866 1989-3922

Ano de publicación: 2010

Volume: 71

Número: 1

Páxinas: 21-24

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Galicia Clínica

Resumo

En decembro do ano 2009 publicáronse por primeira vez os datos procedentes do Sistema de Información Galego sobre a Infección polo Virus da inmunodeficiencia Humana (SIGIVIH)1, o que supón un gran cambio na percepción da situación epidemiolóxica da infección polo VIH na nosa comunidade. A información que proporciona este sistema de información amosa unha situación deste problema de saúde bastante diferente da que mostran os datos procedentes do Rexistro Galego da Sida, de maneira que a información procedente do SIGIVIH complementa e mellora á procedente do rexistro anterior, no que o retraso da enfermidade con respecto ao momento da infección polo VIH, supoñía un baleiro excesivo na toma de decisións en materia de prevención. Isto ten moita importancia nas políticas a desenvolver, pero tamén na visión que a sociedade, os medios de comunicación, e incluso moitos profesionais sanitarios teñen sobre esta infección, que fundamentalmente se asociaba o problema cos Usuarios de Drogas Inxectables (UDI) cando os datos consultados procedían do rexistro de casos de sida. Pero ao observar os datos máis a tempo real sobre a infección polo virus que aporta o SIGIVIH amósase claramente que maioritariamente o VIH supón unha verdadeira infección de transmisión sexual (ITS). Debemos insistir na idea de que, aínda que o número de casos de sida diminuíra a partir de 1996 e permaneza estable nos primeiros anos do século XXI, o problema da infección segue moi presente na poboación, e está a aumentar entre certos grupos como particularmente son os homes que teñen relacións sexuais con outros homes (HSH). Deste xeito o custe en saúde, pero tamén social e económico, segue sendo enorme, xa que cada vez temos máis infectados polo alongamento da expectativa e calidade de vida destas persoas, e é necesario aproveitar a información procedente do SIGIVIH para tratar de cambiar a falsa percepción de que o VIH/sida é un problema do pasado e de que hoxe os riscos de infectarse son moito menores.