Development of alternative strategies for preservation and generation of corneal tissues for transplantation

  1. Silvia Rodríguez Fernández
Dirixida por:
  1. Silvia Díaz Prado Co-director
  2. María Esther Rendal Vázquez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de novembro de 2022

Tribunal:
  1. Javier de Toro Santos Presidente
  2. Rocío Castro Viñuelas Secretaria
  3. Emma Muiños López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 762942 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A queratoplastia ou transplante de córnea é o único tratamento dispoñible para moitas enfermidades corneais. Sen embargo, o acceso ás queratoplastias vese limitado pola dispoñibilidade das córneas doadas para transplante. Para incrementar o número de tecidos corneais, nesta tese investigáronse métodos de preservación de córneas alternativos e outras fontes de tecido corneal para queratoplastias. O primeiro obxectivo consistiu en analizar o efecto, en córneas humanas, de protocolos de criopreservación convencional con dimetil sulfóxido (DMSO) con (P1) e sen albúmina (P2), e de protocolos de vitrificación sen (P3) e con formamida (P4). O segundo obxectivo consistiu no desenvolvemento dun enxerto mediante enxeñaría de tecidos empregando membranas de Descemet como andamios e células endoteliais (CEs) para construír o endotelio. Tanto células como andamios procederon de córneas descartadas para o seu uso en clínica. Os resultados obtidos para o primeiro obxectivo mostran que só o P1 proporcionou córneas criopreservadas con CEs viables e unha estrutura xeral deformada. Sen embargo, a variabilidade dos resultados impide aplicar este protocolo na clínica. Os resultados do segundo obxectivo mostraron que é posible crear un enxerto a partir de córneas descartadas. Non obstante, a duración do estudio impediu que se crease un endotelio completamente funcional. Estas dúas prometedoras metodoloxías representan alternativas coas que, nun futuro, e tras máis estudos para a súa mellora, se podería reciclar e incrementar o número de tecidos corneais transplantables e mellorar o acceso ás queratoplastias.