Valor pronóstico de la resonancia magnética en la rehabilitación de la lesión medular traumática
- Antonio Montoto Marqués Director
- Rosa Meijide Faílde Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 14 de abril de 2023
- Joan Vidal Samsó Presidente/a
- Sergio Santos-del-Riego Secretario/a
- María Teresa Jorge Mora Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Obxectivos: Analizar a relación entre as alteracións detectadas nas imaxes de resonancia magnética (RM) e a recuperación neurolóxica en individuos con lesión medular traumática (LMT), Métodos: Estudio retrospectivo. Pacientes con LMT e estudo de RM realizado na fase aguda da lesión. Valoráronse na imaxe as alteracións da sinal medular, a presenza de compresión do cordón medular (CCM) e a lesión dos ligamentos vertebrais (LLV). Camparáronse as exploracións neurolóxicas realizadas ó ingreso e á alta. Resultados: Un 40,9% dos individuos con edema a un nivel e un 20,2% dos edemas de maior tamaño melloraron o seu grado AIS por un 19,0% das hemorraxias medulares. A variación do índice motor (IM) foi tamén significativamente diferente nos grupos a comparar: 59.8±27.2, 42.5±29 e 41.6±21.7 respectivamente. Un 31.6% dos individuos con CCM melloraron o seu grado de lesión por un 42.7% dos que non presentaban, e un 31.3% de casos con LLV presentaron melloría por un 37.8% do grupo control. Respecto ó IM, os individuos con CCM presentaron cifras menores de porcentaxe de cambio: 35.1±37.5% por 49.4±38.1%. Aconteceu o mesmo cos casos con LLV, sendo as porcentaxes de 28.5±37.1% e 46.0±37.5%. Conclusións: Existe unha peor evolución neurolóxica nas LMT que presentan hemorraxia parenquimatosa, CCM y LLV.