Prevalencia e impacto de la edad materna avanzada en la morbimortalidad materna y perinatal en el Hospital Universitario de Lugo

  1. Peteiro Mahía, Laura
Dirixida por:
  1. Sonia Pértega Díaz Director
  2. Teresa Seoane Pillado Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. Vicente Gil Guillén Presidente/a
  2. María Teresa Rodríguez García Secretario/a
  3. Elena Rodríguez Camacho Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 780653 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución e obxectivos: son escasos os estudos en España que actualicen a evidencia sobre a idade materna avanzada como un factor de risco obstétrico. O obxectivo foi determinala prevaleza da idade materna avanzada (≥35 años) en xestantes que dan a luz nun hospital do noroeste de España, e a súas asociacións coa incidencia de morbimortalidade materno-perinatal, en canto as complicación durante a xestación, o parto e os resultados perinatais. Material e métodos: Estudo observacional de seguimento retrospectivo que incluíu a mulleres ≥20 anos que deron a luz durante 2014 (n=1378). Analizouse ademais a evolución temporal das idades maternas no día do parto das xestantes que deron a luz en dito hospital no período 2011-2021. Os datos recolléronse das historias clínicas, incluíndo as características sociodemográficas, comorbilidade, patoloxía xestacional e variables relacionadas co parto e os resultados perinatais. A evolución na prevaleza da idade materna avanzada estudouse mediante unha análise de regresión joinpoint. Realizouse unha análise de regresión loxística multivariante para determinala asociación da idade avanzada cos resultados obstétricos e perinatais. Resultados: nos últimos anos, rexistrouse un aumento progresivo e significativo da prevaleza de xestantes con 35 anos ou máis, pasando dun 35,4% des partos atendidos no 2011 o 45,5% do ano 2021 (incremento medio anual 2,1%; 95% IC=1,0%-2,7%). Tras axustar por potenciais factores de confusión na análise multivariable, a idade materna avanzada asociouse con unha maior probabilidades de diabetes xestacional (OR=1,84; 95% IC=1,10-3,07), hipotiroidismo (OR=2,11; 95% IC=1,17-3,80), menor probabilidade de un parto eutócico (OR=0,74; 95% IC=0,56-0,98) e un maior risco de precisar ingreso hospitalario >4 días (OR=2,91; 95% IC=1,95-4,35). Non se atopou unha asociación coa taxa de cesáreas (OR=1,24; 95% IC=0.89-1,72) ni co resto de complicacións analizadas. Conclusións: Confírmase a alta prevaleza de xestantes maiores. Estas xestantes presentan un risco significativamente maior de presentar diabetes e hipotiroidismo xestacional, así como de precisar un ingreso hospitalario máis longo. Tamén se asocia a unha menor probabilidade de partos eutócicos. Sen embargo, non se asocia a unha maior taxa se cesáreas nin o resto de complicación estudadas