Aproximación proteómica al estudio de la artrosis temprana de rodilla
- Cristina Ruiz Romero Director
- Francisco J. Blanco García Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 21 de xullo de 2023
- Javier de Toro Santos Presidente
- Manuel Fuentes García Secretario/a
- María Jesús Iglesias Mareque Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A artrose é a enfermidade reumática máis prevalecente na poboación adulta e unha das principais causas de discapacidade crónica sendo o xeonllo a articulación máis afectada. Tradicionalmente considerouse a artrose como unha afectación exclusiva da cartilaxe, pero hoxe sabemos que afecta de forma activa a todos os tecidos da articulación. Neste traballo analízase por primeira vez o proteoma do menisco de pacientes con signos leves de dexeneración articular para explorar o seu papel nas fases temperás da artrose. A identificación dun panel de proteínas moduladas en base a un patrón de dano articular progresivo suxire un intento de reparación nas primeiras etapas do proceso artrósico. Na actualidades a artrose non ten cura, polo que o desenvolvemento de ferramentas que faciliten o seu diagnóstico precoz melloraría a aplicación de estratexias preventivas sobre aqueles individuos en alto risco de evolucionar cara sufrir danos estruturais na articulación e así tratar de previr ou atrasar a progresión da enfermidade. Neste traballo, validaronse dous modelos prognóstico, baseados en novos biomarcadores proteicos, para a predicción da incidencia da artrose radiográfica de xeonllo nos próximos 96 meses.