Salud del pie y calidad de vida en personas con cáncer de mama que reciben quimioterapiauna nueva línea de investigación para la Podología

  1. Veiga-Seijo, Raquel
Dirixida por:
  1. Cristina González Martín Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de setembro de 2023

Tribunal:
  1. Vicente Gil Guillén Presidente/a
  2. Teresa Seoane Pillado Secretaria
  3. Ana Martínez Santos Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 821099 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos: Determinar a prevalencia da patoloxía podolóxica en persoas con cancro de mama que reciben quimioterapia e explorar a súa calidade de vida relacionada coa saúde, funcionalidade e dor dos pes, e as súas variables asociadas. Metodoloxía: Estudo observacional, transversal, descritivo de prevalencia (Unidade de Mama e Servizo de Oncoloxía do Hospital Universitario da Coruña, España). Estudáronse persoas con cancro de mama, maiores de idade, recibindo quimioterapia (n=117; precisión ±9%, confianza 95%). Investigáronse variables sociodemográficas, da enfermidade e podolóxicas. Empregáronse cuestionarios para o estudo da calidade de vida, funcionalidade e dor do pé. Seguíronse os aspectos ético-legais vixentes. Resultados: A patoloxía podolóxica foi moi frecuente e diversa. O 77,8% presentaron dor podolóxico e o 38,6% precisaron retrasar a quimioterapia debido aos efectos adversos no pé. Aspectos asociados co calzado e a saúde do pé destacan como os mais afectados nos cuestionarios estudados. Conclusións: Os efectos adversos podolóxicos representan problemas de saúde de gran relevancia para a calidade de vida. Requírese desenvolver máis investigacións e implicarse no coidado da saúde dende unha perspectiva holística e integral dende a mirada da Podoloxía.