Crioterapia para la prevención de la neuropatía periférica secundaria a quimioterapia. Dispositivo para el enfriamiento de manos y pies
Editorial: Ministerio de Sanidad ; Conselleria de Sanidade ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia
Ano de publicación: 2023
Tipo: Libro
Resumo
Esta ficha de avaliación de tecnoloxías emerxentes avalía o grao de desenvolvemento da crioterapia para a prevención da neuropatía periférica secundaria a quimioterapia (CIPN, siglas en inglés). A ficha analiza aspectos relativos á efectividade (en variables como dor ou calidade de vida), a seguridade ou os custos. A evidencia é ampla, mostrando que o uso de crioterapia podería previr ou diminuír a gravidade dos síntomas da CIPN. Con todo, hai que destacar a limitación no uso do dispositivo que supón a baixa tolerancia por parte dos pacientes á crioterapia mediante luvas e calcetíns conxelados. Novos dispositivos con maior control da temperatura (refrixeración líquida e criocompresión) están en desenvolvemento o que poderá axudar a mellorar o papel da crioterapia na prevención da CIPN