Microbioma y cáncer colorrectaltranslocación de bacterias orales al intestino y búsqueda de potenciales biomarcadores

  1. Conde Pérez, Kelly
Dirixida por:
  1. Margarita Poza Domínguez Director
  2. Juan Andrés Vallejo Vidal Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 31 de outubro de 2023

Tribunal:
  1. Ana Otero Presidente/a
  2. Jesús Aranda Rodríguez Secretario
  3. Elena Gallardo Martín Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 826059 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O microbioma humán desempeña un papel esencial no mantemento das funcións fisiolóxicas normais. Estudos previos demostraron a implicación do microbioma no desenvolvemento de diversas patoloxías, tales como o cancro colorrectal (CCR). No presente traballo, describiuse o bacterioma de mostras de saliva, fluído crevicular xinxival, feces e tecidos de tumores primarios e de metastásis, procedentes dunha cohorte de 93 pacientes de CCR, mediante tecnoloxías de secuenciación de próxima xeración. Os resultados obtidos comparáronse co bacterioma de mostras de individuos sen CCR, co obxectivo principal de comprender a implicación das bacterias no desenvolvemento do CCR. Os resultados mostraron que o microbioma intestinal de pacientes con CCR estaba desequilibrado e enriquecido en patóxenos periodontais. Unha combinación específica destes patóxenos orais, ausentes en mostras de persoas sen CCR, proponse para o seu emprego como biomarcador para o diagnóstico de CCR empregando mostras non invasivas (feces). Un destes patógenos, Parvimonas micra, detectado na cavidade oral e nos carcinomas colorrectais, foi estudado en profundidade nunha cohorte aleatoria de 20 pacientes, demostrándose, mediante xenómica comparativa, que esta bacteria é capaz de translocarse desde a cavidade subxinxival ata o colon, formando consorcios sinérxicos con outras bacterias.