Defining the cardiac alpha-tropomyosinGenotype-phenotype correlations oninherited heart diseases

  1. Lamounier, Arsonval
Supervised by:
  1. Roberto Barriales Villa Director

Defence university: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 03 November 2023

Committee:
  1. William J. McKenna Chair
  2. María Generosa Crespo Leiro Secretary
  3. Juan Ramón Gimeno Blanes Committee member

Type: Thesis

Teseo: 805479 DIALNET lock_openRUC editor

Abstract

Antecedentes: A alfa-tropomiosina cardíaca é codificada polo xen TPM1 que é sarcomérico prioritario; non obstante a maioría dos portadores están limitados a unha soa familia ou hai poucos casos índice por cada variante. A TPM1 asociouse co desenrolo de distintas formas de miocardiopatías hereditarias e cardiopatías conxénitas. Obxectivo: Análise da correlación xenotipo-fenotipo dos portadores de variantes en TPM1. Métodos: Realizouse unha análise de correlación xenotipo-fenotipo baseado nos rexistros médicos de varios centros europeos. Analizouse a patoxenicidade e as características clínicas, idade de diagnóstico e o prognóstico nas familias portadoras. Resultados: Sistematizáronse datos de 257 variantes en TPM1, o que permitiu o cámbeo na patoxenicidade de 87 variantes e a identificación de rexións sobrerepresentadas por fenotipo. Unha nova cohorte con 380 pacientes non publicados en TPM1, incluíndo a variante fundadora p.Arg21Leu, amosa en xeral un prognóstico favorable e unha manifestación tardía. Asemade obsérvase unha idade mais temperá de diagnóstico en familias con miocardiopatía dilatada/non compactada do ventrículo esquerdo. Conclusións: Os resultados xenéticos de familias con cardiopatías hereditarias asociadas a TPM1 poden coadxuvar cara a toma de decisións clínicas e no consello xenético.