Terapia celular con micro-ARN y exosomas para el tratamiento de la inflamación crónica en un modelo de osteoartritis
- María del Carmen Arufe Gonda Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 22 de xaneiro de 2024
- José Antonio Rodríguez Navarro Presidente/a
- Pablo Fernández Pernas Secretario
- Marta Garcia Contreras Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Comprender os efectos do envellecemento e inflamación nas células nai mesenquimais é crucial para desenvolver terapias dirixidas a doenzas dexenerativas. Estas células exhiben efectos beneficiosos a través da súa actividade paracrina e a liberación de vesículas extracelulares, as cales mostraron ser unha alternativa ás terapias celulares en modelos preclínicos. Os perfís de células nai mesenquimais e as súas vesículas extracelulares varían coa idade e pódense modificar mediante o uso de micro-ARN, os cales derivarán á súa vez na regulación das respostas inmunitarias e inflamatorias. Nesta tese doutoral preséntanse os resultados obtidos tras a investigación dos efectos das vesículas extracelulares derivadas de células nai mesenquimais sobre os marcadores de envellecemento e pluripotencia en cultivos celulares, así como tamén os resultados procedentes da avaliación da carga proteica das mesmas. Todos estes resultados permitíronnos á súa vez levar a cabo a investigación sobre as propiedades antiinflamatorias destas vesículas derivadas de células nai mesenquimais modificadas para a inhibición da inflamación causada pola expresión de miR-21. Os nosos resultados resaltan a capacidade das vesículas extracelulares para influír no comportamento dos cultivos das células en función da súa composición, o que suxire o seu potencial para modificar as características celulares in vitro. Ademáis, o estudo reflicte a necesidade da optimización dun protocolo para o procesamento e análise proteico de maior calidade destas vesículas extracelulares. Os resultados do modelo animal de osteoartritis demostraron que, en xeral, as vesículas extracelulares derivadas de células nai mesenquimais, e en particular as derivadas de células con expresión inhibida de miR-21, exhibiron un potencial terapéutico significativo ao reducir a inflamación sistémica e inactivar a vía inflamatoria ERK1/2 e a confirmación do alivio do fenotipo secretor asociado a senescencia en varios órganos procedentes do modelo animal de osteoartritis. Estes achados iluminan o camiño para o desenvolvemento de novas terapias contra as doenzas asociadas ao envellecemento e as afeccións inflamatorias utilizando vesículas extracelulares derivadas de células nai mesenquimais.