Impacto del hallux limitus en la edad escolar

  1. Cuevas Martínez, Claudia
Dirixida por:
  1. Daniel López-López Director
  2. Israel Casado Hernández Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de marzo de 2024

Tribunal:
  1. César Calvo Lobo Presidente/a
  2. Carmen de Labra Pinedo Secretaria
  3. Lisa Alves Gomes Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 831423 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución: o Hallux Limitus funcional (HLF) é unha afectación podolóxica que procede cunha limitación do movemento de dorsiflexión (DF) da primeira articulación metatarsofalánxica (1 MTF) do pé nunha cadea cinética pechada. O obxectivo desta tese por compendio de artigos foi analizar a presión plantar estática e dinámica de suxeitos en idade infantil con e sen presenza de HLF e estudar a calidade de vida relacionada con esta patoloxía. Métodos: realizáronse tres estudos de casos e controles. O primeiro avaliou a análise estática das presións plantares, o segundo a análise cinemático e o terceiro estudo avaliou a calidade de vida mediante o Foot Health Status Questionnaire entre ambos os grupos. Resultados: nos tres estudos observáronse diferenzas entre os dous grupos e no terceiro obtivéronse peores resultados nas dimensións de calidade de vida relacionadas coa saúde dos pés no grupo con presenza de limitación funcional do hallux. Conclusións: os suxeitos en idade escolar con presenza de HLF mostran diferenzas nas presións plantares tanto estáticas como dinámicas, así como unha peor calidade de vida en comparación cos individuos sen afectación funcional do hallux.