Innovative treatments against antibiotic-resistant and persister Klebsiella pneumoniae

  1. Pacios Santamaría, Olga
Dirixida por:
  1. María Tomás Director
  2. Lucía Blasco Otero Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de xuño de 2024

Tribunal:
  1. Jordi Vila Estapé Presidente/a
  2. Ana Maseda Secretaria
  3. Jean Paul Pirnay Vogal

Tipo: Tese

Resumo

As infeccións nosocomiais son un importante problema de saúde global, cunha taxa de incidencia que xa alcanza o 7,1% na Unión Europea. Datos do Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (ECDC) estiman aproximadamente 33000 mortes anuais en Europa como consecuencia directa dunha infección por bacterias resistentes a antibióticos. Dentro dos patóxenos bacterianos que máis comunmente provocan infeccións difíciles de tratar inclúese Klebsiella pneumoniae. O obxectivo do presente proxecto de doutoramento é o desenvolvemento de tratamentos antiinfecciosos innovadores e efectivos contra K. pneumoniae resistente e persistente a antibióticos, seguindo dúas estratexias complementarias: por unha banda, a innovación no uso de terapias antiinfecciosas, como o uso de bacteriófagos e o reposicionamento de fármacos “non antibióticos” aprobados pola FDA para outras indicacións terapéuticas; por outro, a combinación de ambas estratexias para conseguir un efecto sinérxico. Seguindo estas premisas, nesta tese doutoral explórase a capacidade lítica de dous bacteriófagos contra K. pneumoniae e se reposicionan axentes anticanceríxenos, mucolíticos e antiparasitarios, que son avaliados in vitro e no modelo in vivo de larvas de Galleria mellonella en combinacións sinérxicas, co fin de lanzar luz no tratamento de infeccións provocadas por K. pneumoniae.