Diagnóstico rápido proteómico (MALDI-TOF MS) para la determinación de bacterias resistentes a los antibióticos

  1. Oviaño García, Marina
Dirixida por:
  1. Germán Bou Arévalo Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 03 de marzo de 2017

Tribunal:
  1. Álvaro Pascual Presidente/a
  2. Ángeles Cid Secretario/a
  3. Belén Rodríguez Sánchez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 455613 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A espectrometría de masas é unha técnica de análise que permite caracterizar analitos medindo as relacións de masas das moléculas analizadas. A evolución da tecnoloxía permitiu chegar ao MALDI-TOF MS, que é unha variante que permite a detección de mesturas proteicas complexas con mínimas fragmentacións, o que permite a súa aplicación en microbiología na identificación de microorganismos. Seguindo co desenvolvemento de novas aplicacións desta tecnoloxía, a detección de moléculas como os antibióticos para a detección de mecanismos de resistencia aos antimicrobianos é a base desta tese. Baseámonos na aplicación dun ensaio de resistencia funcional, baseado na medida da acción enzimática da bacteria sobre o antibiótico e o seguimento deste no espectro de masas. Os antibióticos estudados son os β-lactámicos, carbapenémicos e quinolonas. Conseguimos resultados satisfactorios na aplicación desta técnica tanto en bacterias en cultivo como no hemocultivo. A principal vantaxe desta metodoloxía é a obtención de resultados 24 h antes que os métodos fenotípicos, con baixo custo e con valores de sensibilidade e especificidade similares aos métodos moleculares.