Clústeres de multimorbilidad de pacientes ingresados en servicios médicoscaracterización clínica

  1. Matesanz Fernández, María
Dirixida por:
  1. Salvador Pita Fernández Director
  2. Emilio Casariego Vales Director
  3. Sonia Pértega Díaz Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de novembro de 2018

Tribunal:
  1. Javier García Alegría Presidente/a
  2. Teresa Seoane Pillado Secretaria
  3. Jesús Díez Manglano Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 574798 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivo: describir as características clínicas dos doentes ingresados na área médica dun hospital e determinar a existencia de clústeres de enfermidades. Método: Estudo de cohorte retrospectivo de doentes ingresados na área médica do Hospital de Lugo entre 2000 e 2015. O CMBD do hospital foi a fonte de datos nas dúas matrices en estudo: ingresos e doentes. Na confección dos clústeres de multiborbilidade empregouse a análise de correspondencias. Resultados: 170.978 ingresos foron estudados en 74.220 pacientes. O 70% dos admitidos tiñan polo menos 4 enfermidades crónicas concomitantes. Os doentes con multimorbilidade teñen maior idade, estadía media, carga de enfermidade e mortalidade. Os patróns de multimorbilidade difiren por xénero. Nas mulleres: demencia, depresión, hipotiroidismo, artrite reumatoide, fibrilación auricular, insuficiencia cardíaca e nos homes: cardiopatía isquémica, EPOC, síndrome de dependencia do alcohol. Definironse cinco grupos de multimorbididade relacionados co sexo e a idade que mostraban patróns clínicos e pronósticos diferenciados. Conclusións: Os doentes ingresados no área médica hospitalaria teñen unha multimorbilidade elevada cuxa asociación non é casual. Definimos 5 grupos de comportamento clínico e pronóstico diferenciados.